Glenda Jackson
Aparencia
Glenda May Jackson, nada en Birkenhead (Merseyside) o 9 de maio de 1936 e finada en Blackheath (Londres) o 15 de xuño de 2023, foi unha actriz británica que chegou ademais a ser deputada laborista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou profesionalmente como actriz en 1957 mentres estudaba na Royal Academy of Dramatic Art.
A súa participación en Mulleres namoradas, levouna a gañar o seu primeiro oscar á mellor actriz, ao que seguiu o obtido por A Touch of Class tres anos despois.
Apartouse da interpretación en 1992 para dedicarse á política, e foi elixida repetidamente membro da Cámara dos Comúns polo Partido Laborista no norte de Londres, entre 1992 e 2015.
Logo de abandonar a política regresou ao traballo actoral.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme |
|---|---|
| 1967 | Marat/Sade |
| 1968 | Tell Me Lies |
| 1968 | Negatives |
| 1969 | Mulleres namoradas |
| 1970 | The Music Lovers |
| 1971 | Sunday Bloody Sunday |
| 1971 | Mary, Queen of Scots |
| 1973 | A Touch of Class |
| 1974 | The Devil Is a Woman |
| 1975 | Hedda |
| 1976 | The Incredible Sarah |
| 1977 | Stevie |
| 1980 | Health |
| 1987 | Beyond Therapy |
| 1989 | The Rainbow |