Na Inglaterra da década de 1920, desenvólvense de forma complexa dous casos amorosos. Durante unha confraternización ao ar libre, os amigos Gerald Crich (Oliver Reed), e Rupert Birkin (Alan Bates) namóranse de dúas mulleres con pensamentos diferentes sobre o amor e o sexo: as irmás Gudrun Brangwen (Glenda Jackson) e Ursula Brangwen (Jennie Linden). No entanto, vaise descubrindo que a amizade entre Gerald e Rupert pode ser máis ca iso.
O filme retrata a esencia entre o amor e o sexo nunha Inglaterra conservadora.
Círculo dos Críticos de Cinema de Nova York: Mellor actriz (Glenda Jackson).
Premios da BAFTA: Candidato ao mellor filme, mellor director, mellor banda sonora, mellor actor (Alan Bates), mellor actriz (Glenda Jackson), mellor revelación (Jennie Linden), mellor guión, mellor vestiario e mellor fotografía.