Gleb Uspenskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gleb Uspenski»)
Infotaula de personaGleb Uspenskii

Gleb Uspenski
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1843
Tula, Imperio Ruso
Morte6 de abril de 1902 (58 anos)
San Petersburgo, Imperio Ruso
Causa da morteInsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaLiteratorskie mostki
cemiterio Volkovo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoFicción e xornalismo
Pseudónimo literarioБ—н
Гл. У.
Г....в
Г—ский
Ив.
Гусев
И—в
Г. У.
…въ
М.
Г. И.
Братья Гипподромовы
Г.
Брызгин
Иванов Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAlexander Uspensky (pt) Traducir, Boris Uspensky (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesNikolai Uspensky (en) Traducir (curmán entregue)
Q112987758 Traducir (son's daughter (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Sinatura

IMDB: nm7594126 Find a Grave: 29186937 Editar o valor em Wikidata

Gleb Ivanovich Uspenskii (en ruso: Глеб Иванович Успенский) nado en Tula o 25 de outubro de 1843 e finado en San Petersburgo o 6 de abril de 1902, foi un escritor e periodista ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia[editar | editar a fonte]

Uspenskii naceu na cidade de Tula, onde o seu pai era un oficial do goberno. Asistiu aos ximnasios de Tula e Chernígov, dedicando gran parte do seu tempo á lectura dos clásicos rusos. Estudou na Universidade de San Petersburgo durante un curto período de tempo en 1861, ata que esta foi temporalmente pechada por disturbios estudantís. Entón, mudouse á Universidade de Moscova, pero en 1863 foi forzado a abandonala sen graduarse, debido á falta de diñeiro. A morte do seu pai en 1864 deixouno coa responsabilidade adicional de coidar da súa familia.

Profesión[editar | editar a fonte]

Os primeiros traballos de Uspenskii publicáronse en 1862, no xornal de Lev Tolstoi Yasnaya Poliana, e no xornal Spectator. Entre 1864 e 1865 contribuíu no xornal Ruskoe Slovo (A Palabra Rusa), e entre 1865 e 1866, no Sovremennik (O Contemporáneo). En 1866 publicou unha serie de debuxos sobre o campesiñado, baixo o título de As Costumes da Rúa Rastaraev, que lle valeu certa reputación. En 1868 se converteuse nun dos principais colaboradores da popular revista Notas da Patria, traballando con Nikolai Nekrasov e Mikhaíl Saltykov-Shchedrín.

Na década dos setenta, coa mellora das súas finanzas, viaxou considerablemente, entablando relacións cou gran número de revolucionarios populistas, tales como Piotr Lavrov e Stepniak. Publicou as súas observacións do estranxeiro nun número de traballos, incluíndo Cartas de Serbia.

Ao longo dos anos setenta e oitenta continuou escribindo acerca da vida e as condicións de traballo dos campesiños rusos. A súa obra máis coñecida, O Poder da Terra, baseada nos seus estudos da vida en Nizhnii Novgorod, publicouse en 1882.

Morte[editar | editar a fonte]

Comezou a sufrir unha enfermidade mental a mediados de 1890, e morreu nun asilo de San Petersburgo en 1902.

Legado[editar | editar a fonte]

Os traballos de Uspenskii tiveron unha considerable influencia, e foron eloxiados por moitos escritores contemporáneos, incluíndo a Lev Tolstoi, Anton Chejov e Maxim Gorki.