Glaucopsyche melanops

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Glaucopsyche melanops
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Lycaenidae
Subfamilia: Polyommatinae
Xénero: 'Glaucopsyche'
Especie: ''G. melanops''
Nome binomial
'Glaucopsyche melanops'
Boisduval, 1828

A Glaucopsyche melanops é unha especie de bolboreta da familia Lycaenidae. Pode atoparse na parte occidental de Europa meridional e no norte de África.

Descrición[editar | editar a fonte]

A lonxitude das súas ás dianteiras é de entre 11–13 mm. A bolboreta voa de maio a xullo dependendo da localización. Habita en claros de bosques, dispersos e moi expostos ao sol.

As larvas aliméntanse de plantas da familia Fabaceae. As eirugas consomen tanto as flores como as sementes.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sánchez Vella, Juan Manuel; Obregón Romero, Rafael (2015). Mariposas diurnas de Sierra Morena de Córdoba (en castelán). Córdoba: Ayuntamiento de Córdoba. p. 36. Consultado o 26 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]