Glauconita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glauconita
Fórmula química(K,Na)(Fe3+,Al,Mg)2(Si,Al)4O10(OH)2
ClaseSilicato
SubclaseFilosilicato
Sistema cristalinoMonoclínico, prismático
CorVerde, verde azulado, verde amarelado
BrilloTérreo
Dureza2 (escala de Mohs)
FracturaMicácea
ExfoliaciónSi
RaiaVerde brillante
Densidade2,67 g/cm3

A glauconita[1] é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo filosilicatos e dentro destes pertence ás micas. É un hidroxi-silicato con numerosos ións metálicos, con numerosas variedades, até o punto de que máis que un mineral, a glauconita case é considerada como un grupo de minerais.

A cor é distintivamente verde, podendo ter tonalidade azulada ou amarelada. Normalmente encóntrase en forma de agregados redondeados, con partículas escamosas, como todas as micas, pero de gran moi fino.

O seu nome provén do grego glaukos, que significa azul-verdoso, en alusión á súa cor. A verba glauconio usouse antes de 1823, cando se renomeou glauconita.

Ambiente de formación[editar | editar a fonte]

Mineral común nas secuencias sedimentarias desde o Cámbrico até a actualidade, sendo o compoñente principal das arenitas verdes, precisamente chamadas así polo seu alto contido en glauconita.

Formado por alteración diaxenética da biotita depositada nun ambiente sedimentario mariño superficial, empregado polos xeólogos como indicador do ambiente de sedimentación mariño.

Localización, extracción e uso[editar | editar a fonte]

Abunda nas areas terciarias mariñas do mar Báltico e en numerosas rochas sedimentarias repartidas por todo o mundo. En España son glauconíferas as arenitas e arxilas de Guadalajara e Cuenca.

A glauconita emprégase na industria téxtil, na industria azucareira e na industria cervexeira. Polo seu contido en potasio tamén se usou para a elaboración de fertilizantes agrícolas. Outro uso é como colorante non tóxico e resistente aos axentes atmosféricos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rieder et.al. 1998, Nomenclature of the Micas: IMA Mica Subcommittee report, Canadian Mineralogist 36: 905-912.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]