Glasvegas é unha banda escocesa de indie rock procedente de Glasgow. O grupo está composto por James Allan (voces), Rab Allan (guitarra e coros), Paul Donoghue (baixo e coros) e Jonna Löfgren (batería). Glsvegas recibiu moi boas críticas co seu primeiro álbum, Glasvegas, editado en setembro do ano 2008, e que chegou ao número 2 da lista británica de álbums, sendo nomeado para os Mercury Music Prize un ano despois.
A revista NME declarou: "Se The Libertines definiron o comezo da década e Arctic Monkeys a súa metade, entón Glasvegas case con seguridade definirán o seu final e máis aló". Se álbum de estrea, Glasvegas (2008), colleitou éxito no Reino Unido, onde foi platino, e en Suecia, chegando a ser ouro. O impacto da banda no Reino Unido e o éxito do seu primeiro traballo non pasou desapercibido en Norteamérica, onde a banda estivo de xira seis veces entre outubro do 2008 ata setembro do 2009.
O 14 de decembro do 2010, a banda anunciou a contratación dunha nova batería, Jonna Löfgren. O segundo álbum da banda, Euphoric Heartbreak foi publicado o 4 de abril do ano 2011, acadando o número 10 no Reino Unido e o 1 en Suecia.