Giovanni Schiaparelli
Giovanni Virginio Schiaparelli, nado en Savigliano, preto de Cúneo, o 14 de marzo de 1835 e finado en Milán o 4 de xullo de 1910, foi un astrónomo italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Schiaparelli, nas súas clásicas investigacións sobre a teoría das estrelas fugaces, descubriu en 1866 a relación entre as Perseidas e o cometa 1862 III. Grande observador de Marte e verdadeiro fundador da topografía do mesmo, cuxas "canles" descubriu en 1877. O 5 de setembro dese ano comezou a deseñar o primeiro mapa deste planeta.
Medíu numerosas estrelas dobres entre 1875 e 1900. Foi director do Observatorio de Brera en Milán. O seu nome figura tamén en cráteres da Lúa e Marte.
descubriu o asteroide (69) Hesperia (26 de abril de 1861). Bautizouse na súa honra ao asteroide (4062) Schiaparelli.