Giovanni Berchet
Giovanni Berchet | |
---|---|
Nacemento | 23 de decembro de 1783 e 1783 |
Lugar de nacemento | Milán |
Falecemento | 23 de decembro de 1851 e 1851 |
Lugar de falecemento | Turín |
Nacionalidade | Reino da Sardenha |
Ocupación | poeta, tradutor, político e escritor |
Coñecido por | Lettera semiseria di Grisostomo al suo figliuolo |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Giovanni Berchet, nado o 23 de decembro de 1783 e finado o 23 de decembro de 1851, foi un escritor italiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Milán nunha familia de orixe savoiana baixo o nome de Riccardo Michelini, na súa mocidade traduciu poesía que expresaba o novo gusto romántico como a oda "The Bard" de Thomas Gray e novelas como "The Vicar of Wakefield" de Oliver Goldsmith.
En 1816 escribiu o manifesto máis importante do romanticismo italiano, a "Lettera semiseria di Grisostomo al suo figliolo". En 1818 formou parte do grupo que fundou Il Conciliatore, a publicación que se constituíu en voceira das posicións románticas. Dous anos despois inscribiuse na sociedade secreta da Carbonería, cultivando simultaneamente a paixón política e a literaria. Participou na insurrección de 1821 e ó fracasar tivo que se exiliar en París, Londres e finalmente Bélxica. Durante o período belga sobresae a súa produción pética: "I profughi di Parga" (1821), "Romanze" (1822-1824) e "Le fantasie" (1829). Volveu a Italia en 1845, participou nos cinco días de Milán en 1848 e loitou con todos os medios posibles pola consecución da unidade de Italia, logo do fracaso da Primeira Guerra de Independencia Italiana e a inicial prevalencia de Austria tívose que retirar ó Piemonte. En 1850 aliouse coa dereita histórica e elixírono ó Parlamento subalpino. Morreu na capital piemontesa o ano seguinte.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- G. Berchet, Opere edite e inedite, a c. di L. Cusani, Milán 1863;
- Italo Bertelli, L'itinerario umano e poetico di Giovanni Berchet, Giardini, Ghezzano (PI), 2005; ISBN 88-427-0437-7
- M. Fubini, Romanticismo italiano, Bari 1953;
- G. Derla, Poetica e ideologia di G. Berchet, en «Convivium» 36 (1968), pp. 293-308;
- V. Spinazzola, La poesia come spettacolo di G. Berchet, na Storia della letteratura Garzanti, VII, pp. 972–984.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Lettera semiseria Arquivado 02 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en italiano)
- Prose e poesie. - Milán: Manini, 1864 (en italiano)
- Opere. Poesie - Vol. 1, (1911) (en italiano)
- Opere. Scritti critici e letterari - Vol. 2 (1912) (en italiano)