Gilbert Licudi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gilbert Licudi
Gilbert Licudi, June 2014.jpg
Datos persoais
Nacementoséculo XIX
 Xibraltar
OrganizaciónPartido Socialista Laborista de Xibraltar
Alma máterBayside Comprehensive School
ProfesiónAvogado
editar datos en Wikidata ]

Gilbert Licudi é un avogado e deputado de Xibraltar, membro do Partido Socialista Laborista de Xibraltar (GSLP). Está casado e ten dous fillos.[1][2]

Biografía[editar | editar a fonte]

Licudi estudou na Bayside Comprehensive School, onde foi contemporáneo de Peter Montegriffo e Dominique Searle. Pero deixou a escola aos 17 anos e comezou a traballar para Blands e GB Airways. Despois de casar, trasladouse en 1979 coa súa esposa a Inglaterra, onde traballou para a compañía aérea rusa Aeroflot no aeroporto de Heathrow.[2]

En 1981 Licudi e esposa regresaron a Xibraltar, onde ele foi contratado polo Castle Marketing Group, de Joe Holliday. Neste momento tamén se afiliou ao GSLP, e despois das eleccións de 1984, foi invitado incorporarse á executiva do partido. Nesta época tamén comezou a escribir unha columna semanal no "The People".[2]

Aos 28 anos, era membro da executiva do partido cando decidiu afastarse de Xibraltar, e estudar dereito en Chelmsford, East Anglia. Concluíu os seus estudos en Londres, na Inns of Court Law School e foi admitido como avogado en 1992, en Londres e en Xibraltar.[2]

Licudi fixo carreira na firma de advocacia Hassans International Law Firm, onde traballou con Peter Montegriffo. Neste momento, volveu á política, disposto a levar a súa experiencia de resolución de conflitos en favor das mudanzas políticas que xulgaba necesarias acerca de Xibraltar.[2]

En 2007, Licudi presentouse como candidato do GSLP nas eleccións xerais. Foi nomeado ministro na sombra para o Emprego, Tráfico, Xuventude e Deporte.[3] En abril de 2011, cando Fabian Picardo tornouse líder do GSLP (e da oposición), Licudi foi nomeado Ministro de Educación, Servizos financeiros e transportes, e as áreas de Xuventude e Deportes foron transferidas a Steven Linares.[4]

Coa vitoria do GSLP nas eleccións xerais de 2011, Licudi foi nomeado Ministro de Educación, Servizos Financeiros, Xogo, Telecomunicacións e Xustiza.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "About Gilbert Licudi" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08-02-2012. Consultado o 09-09-2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Vox, ed. (14-09-2007). "Gilbert Licudi: A politician with a deep social conscience who came late to law" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19-05-2012. Consultado o 09-09-2012. 
  3. Vox, ed. (29-11-2007). "Licudi to Question Govt in Parliament on Traffic Gridlock" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10-09-2012. Consultado o 09-09-2012. 
  4. Vox, ed. (11-04-2011). "Shadow Cabinet Reshuffle" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03-03-2016. Consultado o 09-09-2012. 
  5. "New Government Announces Ministers’ Portfolios Today" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10-06-2015. Consultado o 09-09-2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]