Gig Young
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Byron Elsworth Barr 4 de novembro de 1913 St. Cloud |
| Morte | 19 de outubro de 1978 Nova York |
| Causa da morte | suicidio, ferida por arma de fogo |
| Lugar de sepultura | Green Hill Cemetery (en) |
| Educación | McKinley Technology High School |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Actuación |
| Ocupación | actor, actor de televisión, actor de teatro, guionista, actor de cinema |
| Período de actividade | 1940 |
| Empregador | Warner Bros. |
| Xénero artístico | Wéstern |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | Segunda Guerra Mundial |
| Familia | |
| Cónxuxe | valor descoñecido (1978–1978), morte da persoa, morte do cónxuxe valor descoñecido (1963–1966), divorcio Elizabeth Montgomery (1956–1963), divorcio valor descoñecido (1950–1952), morte do cónxuxe valor descoñecido (1940–1947), divorcio |
| Premios | |
| |
Byron Elsworth Barr, nado en St. Cloud, Minnesota o 4 de novembro de 1913 e finado en Nova York o 19 de outubro de 1978, foi un actor estadounidense, máis coñecido como Gig Young.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a interesarse pola interpretación intervindo en obras teatrais no instituto. Foi descuberto xunto con George Reeves nunha obra de afeccionados por un cazatalentos da Warner Bros., sendo contratados polo estudio.[1] Inicialmente apareceu acreditado como Byron Barr, mais a partir de interpretar unha personaxe chamada Gig Young en The Gay Sisters o estudio decidiu que adoptase ese mesmo nome.[2]
Tras interpretar numerosos personaxes secundarias, deixou a interpretación durante a segunda guerra mundial para enrolarse na Garda Costeira. Tras a guerra traballou para varios estudios, sendo contratado pola Columbia Pictures antes de volver a traballar por libre.
A mediados dos anos cincuenta comezou a traballar na televisión e en 1969 gañou o Oscar ao mellor actor secundario por They Shoot Horses, Don't They?.
Nos últimos anos foi vítima do alcoholismo, que lle fixo perder papeis, como o de Blazing Saddles, do que foi despedido tras sufrir un colapso.
O 19 de outubro de 1978, tres semanas despois do seu quinto matrimonio, el e a súa dona foron atopados mortos no seu apartamento de Manhattan. Segundo a policía, Young disparou á súa muller e logo suicidouse.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme |
|---|---|
| 1940 | Misbehaving Husbands |
| 1941 | Here Comes the Cavalry |
| The Tanks Are Coming | |
| 1942 | Captains of the Clouds |
| The Mad Martindales | |
| The Gay Sisters | |
| 1943 | Air Force |
| Old Acquaintance | |
| 1947 | Escape Me Never |
| 1948 | The Woman in White |
| Wake of the Red Witch | |
| The Three Musketeers | |
| 1949 | Lust for Gold |
| Tell It to the Judge | |
| 1950 | Tarnished |
| Hunt the Man Down | |
| Target Unknown | |
| 1951 | Only the Valiant |
| Slaughter Trail | |
| Come Fill the Cup | |
| Too Young to Kiss | |
| 1952 | Holiday for Sinners |
| You For Me | |
| 1953 | The Girl Who Had Everything |
| Arena | |
| City That Never Sleeps | |
| Torch Song | |
| 1954 | Young at Heart |
| 1955 | The Desperate Hours |
| 1957 | Desk Set |
| 1958 | Teacher's Pet |
| The Tunnel of Love | |
| 1959 | Ask Any Girl |
| The Story on Page One | |
| 1962 | That Touch of Mink |
| Kid Galahad | |
| Five Miles to Midnight | |
| 1963 | For Love or Money |
| A Ticklish Affair | |
| 1965 | Strange Bedfellows |
| 1967 | The Shuttered Room |
| 1969 | They Shoot Horses, Don't They? |
| 1970 | Lovers and Other Strangers |
| 1973 | A Son-in-Law for Charlie McReady |
| 1974 | A Black Ribbon for Deborah |
| Bring Me the Head of Alfredo Garcia | |
| 1975 | Michele |
| Os aristócratas do crime | |
| The Hindenburg | |
| 1978 | Game of Death |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cozad, W. Lee (2006). W. Lee Cozad, ed. More Magnificent Mountain Movies: The Silverscreen Years, 1940-2004. ISBN 0-9723372-2-9.
- ↑ Monush, Barry (2003). Hal Leonard Corporation, ed. Screen World Presents the Encyclopedia of Hollywood Film Actors: From the Silent Era To 1965. ISBN 1-55783-551-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gig Young |