Giambattista Benedetti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGiambattista Benedetti

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de agosto de 1530 Editar o valor em Wikidata
Venecia Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xaneiro de 1590 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Turín Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública de Venecia Editar o valor em Wikidata
Director de teseNiccolò Fontana Tartaglia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMecánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , musicólogo , astrónomo , arquitecto , físico , teórico da música Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata

Giambattista (Gianbattista) Benedetti, nado o 14 de agosto de 1530 e finado o 20 de xaneiro de 1590, foi un matemático italiano de Venecia interesado tamén en física, mecánica, a construción de sundials, e a ciencia da música.[1]

Ciencia do movemento[editar | editar a fonte]

Nos seus traballos Resolutio omnium Euclidis problematum (1553) e Demonstratio proportionum motuum localium (1554), Benedetti propuxo unha nova doutrina sobre a velocidade dos corpos en caída libre.[2][3] A doutrina aristotélica aceptada naquel tempo era que a velocidade dun corpo que cai libremente é directamente proporcional ao peso total do corpo e inversamente proporcional á densidade do medio. Benedetti consideraba que a velocidade depende só da diferenza entre a gravidade específica do corpo e da do medio. En oposición á teoría aristotélica, a súa predí que dous obxectos do mesmo material mais con pesos diferentes caerían á mesma velocidade, e tamén que obxectos de materiais diferentes no baleiro caerían a velocidades diferentes mais aínda finitas.[1][4]

Nunha segunda edición da Demonstratio (tamén 1554), estendeu esta teoría para incluír o efecto da resistencia do medio, a cal dixo era proporcional á sección de cruz ou a área de superficie do corpo. Así dous obxectos do mesmo material mais de áreas de superficie diferente só caerían a velocidades iguais no baleiro. Repetiu esta versión da súa teoría no seu máis tardío Diversarum speculationum mathematicarum et physicarum liber (1585). Neste traballo explica a súa teoría en termos da teoría entón actual de ímpeto.[1][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Benedetti, Giovanni Battista". The Archimedes Project. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2012. Consultado o 11 de marzo de 2010. 
  2. Resolvtio Omnivm Euclidis Problematvm aliorvmque ad hoc necessario inuentorum una tantummodo circini data apertura. Per Ioannem Baptistam de Benedictis Inventa (Venetiis, 1553). Page views at Internet Archive.
  3. Demonstratio Proportionum Motuum Localium contra Aristotelem et Omnes Philosophos. Per Ioannem Baptistam de Benedictis inuenta (Venetiis, 1554 Idibus Februarii). Page views at Internet Archive.
  4. 4,0 4,1 Drabkin, I. E. (1963). "Two Versions of G. B. Benedetti's Demonstratio Proportionum Motuum Localium". Isis 54. pp. 259–262. ISSN 0021-1753. JSTOR 228543. doi:10.1086/349706.