Saltar ao contido

Germán Fanego Salaverri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGermán Fanego Salaverri
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor en Wikidata (139/140 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4894

Germán Fanego Salaverri, nado en Mondoñedo en 1884, foi un médico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1905). Foi médico forense de Mondoñedo. Na República militou en Izquierda Republicana da que foi elixido presidente da agrupación municipal de Mondoñedo en 1935. En abril de 1936 foi nomeado médico forense do Xulgado de Vitoria, permutando para o xulgado de Pamplona en maio.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto. Xulgado na Coruña por adhesión á rebelión o 10 de abril de 1938 con José Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín Pallín, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero Villalba, Francisco García Martínez, Alfredo Martínez Martínez, Graciano Leivas Freire, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria, foi condenado a 6 anos e un día. Depurado, foi cesado como médico forense do Xulgado de Instrución de Pamplona o 10 de febreiro de 1941.[2] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pedreira, Ricardo (2006). Consejo de Guerra por Rebelión Militar. Mindonienses condenados en 1937. Mondoñedo: Asociación Amigos da Cidade de Mondoñedo. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]