Germán Vargas Lleras
Germán Vargas Lleras | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1962 |
Bogotá | |
Nacionalidade | Colombia |
Alma máter | Universidade do Rosario e Georgetown Preparatory School |
Ocupación | avogado e político |
Premios | Gran Cruz da Orde El Sol do Perú |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Germán Vargas Lleras, nado en Bogotá o 19 de febreiro de 1962, é un político e avogado colombiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Graduado da Universidade do Rosario. Foi Senador da República de Colombia, cargo que ocupou por elección popular dende 1994 até 2008, chegando a obter a votación máis alta do país nas eleccións lexislativas de 2006. Foi ademais presidente do Senado da República, xefe do Partido Cambio Radical, candidato á Presidencia da República en 2010, Ministro do Interior e de Xustiza e Ministro de Vivenda, Cidade e Territorio, cargo do cal se retirou o 22 de maio de 2013.
En xaneiro de 2014, o presidente Juan Manuel Santos escolleu a Vargas Lleras como o seu candidato vicepresidencial para as eleccións presidenciais de 2014, nas cales a súa fórmula resultou gañadora. Ocupou o cargo de Vicepresidente de Colombia dende o 7 de agosto do 2014 até o 21 de marzo de 2017, cando o Senado aceptou a súa renuncia. Vargas Lleras renunciou á Vicepresidencia para ser elixible ás Eleccións Presidenciais de 2018.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ uk.news (ed.). "Colombia's Santos names ex-police chief Naranjo as VP choice". Consultado o 19 de marzo de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Germán Vargas Lleras ![]() |