Germán López González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Germán López González
Alcume Barriolo
Nacemento 1899
  Vilaescura, Sober
Nacionalidade España
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

Germán López González, coñecido como Barriolo, nado en Moreda (Vilaescura, Sober) en 1899, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a América sendo mozo. Albanel. Foi vocal da Agrupación Socialista e presidente da UGT do Saviñao. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte ante o temor a ser axustizado. Marchou a Santiago de Compostela, onde foi detido o 18 de agosto. Sácano de madrugada xunto con outros para pasealo, pero logrou escapar na Estación de tren. Volveu a Escairón, onde fixo un zulo no que se agachou. Foi declarado en rebeldía en causa aberta en 1938. Ao rematar a guerra presentouse ao Gobernador civil. Foi detido o 12 de xullo de 1939 e xulgado en Lugo en 1940 por auxilio á rebelión, sentenciado a 12 anos de prisión, reducírona pena a un ano e un día e saíu con en liberdade provisional o 26 de agosto de 1940.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa Quiroga Losada en 1926.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • López Quiroga, Germán (2007). Autor-editor, ed. Historia de un paseo. Santiago de Compostela. 
  • Botana Iglesias, Rocío (2012). Fundación Luís Tilve, ed. O movemento obreiro socialista na provincia de Lugo (1902-11936). Santiago de Compostela. p. 349. ISBN 978-84-95773-26-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]