Germán Fernández Gracia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Germán Fernández Gracia, nado en Vigo e finado en Pontevedra o 28 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Quiosqueiro da estación de Pontevedra. Afiliado a Izquierda Republicana. Foi promotor do semanario Clarín. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado por rebelión militar. Condenado a pena de morte en consello de guerra o 10 de decembro de 1936[1], foi executado en Pontevedra o 28 de decembro.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Abuin Díaz en abril de 1933[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 12-12-1936, p. 9.
  2. El Pueblo Gallego, 18-4-1933, p. 14.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]