Geraldo Rivera
Geraldo Rivera, nado como Gerald Michael Riviera en Nova York o 4 de xullo de 1943,[1][2] é un presentador estadounidense de talk shows, xornalista e escritor. Foi o presentador do programa Geraldo entre 1987 e 1998. Rivera presentou os programa Geraldo at Large e Geraldo Rivera Reports e aparece regularmente en programas de Fox News como The Five.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Rivera naceu no Beth Israel Medical Center de Nova York, fillo de Lillian (de solteira Friedman; 16 de outubro de 1919 – 3 de xuño de 2018) e Cruz "Allen" Rivera (1 de outubro de 1915 – novembro de 1987), traballadora nun restaurante e taxista, respectivamente.[3][4] O pai de Rivera era un católico portorriqueño,[5] e a súa nai era de ascendencia rusa xudía. Foi criado "principalmente como xudeu" e tivo cerimonia de Bar Mitzvah.[6][7] Creceu en Brooklyn e West Babylon, Nova York, onde asistiu ao West Babylon High School. A familia de Rivera foi en ocasións obxecto de prexuízos e racismo, e a súa nai adoptou a grafía do seu apelido como "Riviera" para evitar a intolerancia (só a súa irmá Sharon tivo o apelido sen modificar a grafía.).[8][9]
Carreira
[editar | editar a fonte]Rivera foi contratado por WABC-TV en 1970 como reporteiro para Eyewitness News. En 1972, recibiu atención nacional e gañou un premio Peabody[10] pola súa reportaxe sobre a neglixencia e o abuso sobre pacientes con discapacidade intelectual na Willowbrook State School de Staten Island, e comezou a aparecer en programas nacionais da ABC como 20/20 e Nightline nas súas estreas en 1978 e 1979 respectivamente. Despois de que John Lennon vise a reportaxe de Rivera sobre Willowbrook, el e Rivera organizaron un concerto benéfico chamado "One to One" o 30 de agosto de 1972, no Madison Square Garden de Nova York, que Yoko Ono estreou postumamente en 1986, como Live in New York City. Entre 1994 e 2001, Rivera presentou Rivera Live, un programa de tarde de novas e entrevistas na CNBC que se emitía durante a semana.[11]
Rivera deixou a CNBC en novembro de 2001, dous meses despois dos atentados do 11 de setembro de 2001 para converterse en correspondente de guerra de Fox News. O seu irmán Craig acompañouno como cámara en Afganistán. En 2001, durante a guerra de Afganistán, Rivera foi ridiculizado por unha información en que afirmaba que estaba no lugar dun incidente por fogo amigo; despois revelouse que realmente estaba a 300 millas de distancia. Rivera culpou a un malentendido pola discrepancia.[12]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Rivera casou cinco veces:
- Linda Coblentz (1965–1969, divorciados)
- Edith Vonnegut (14 de decembro de 1971 – 1975, divorciados)
- Sherryl Raymond (31 de decembro de 1976 – 1984, divorciados)
fillo: Gabriel Miguel (nado en xullo de 1979)[13][14] - C.C. (Cynthia Cruickshank) Dyer (11 de xullo de 1987 – 2000, divorciados)
fillas: Isabella Holmes (nada en 1992)[15] e Simone Cruickshank (nada 1994). Seis intentos de ter fillos mediante inseminación artificial acabaron en aborto[16] - Erica Michelle Levy (dende agosto de 2003)
filla: Sol Liliana (nada en 2005)[17]
Rivera admitiu que tivo unha relación durante varios anos ata 1985 con Marian Javits, esposa do senador por Nova York Jacob K. Javits.[18]
Política
[editar | editar a fonte]Rivera é republicano,[19] e considerou en presentarse na elección especial de New Jersey de 2013 para ocupar o asento deixado vacante no Senado trala morte de Frank Lautenberg.[20] Finalmente decidiu non presentarse á elección.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Geraldo Rivera Biography". Biography.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2013.
- ↑ "Geraldo Rivera Was Born 'Jerry Rivers'?". Snopes.com. Consultado o 12 de xuño de 2015.
- ↑ "Excerpt: 'His Panic'". ABC News. 26 de febreiro de 2008. Consultado o 29 de setembro de 2010.
- ↑ "Geraldo Rivera Biography (1943-)". Filmreference.com. Consultado o 12 de xuño de 2015.
- ↑ "Excerpt: 'His Panic'". ABC News. 26 de febreiro de 2008. Consultado o 28 de marzo de 2012.
- ↑ "Biography for Geraldo Rivera". IMDb.com. Consultado o 12 de xuño de 2015.
- ↑ Miller, Gerri. "InterfaithFamily". InterfaithFamily.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 12 de xuño de 2015.
- ↑ Wood, Jamie Martinez (2007). Latino Writers and Journalists. New York, NY: Facts on File, Inc. p. 195. ISBN 978-0-8160-6422-9.
- ↑ "Fact Check: Geraldo Rivera". Snopes.com.
- ↑ Powers, Ron (1977). The Newscasters: The News Business as Show Business. Nova York: St. Martin's Press. p. 185. ISBN 0312572085.
- ↑ Beatty, Sally (2 de novembro de 2001). "Geraldo Rivera to Leave CNBC For Fox and, Then, to Cover War". Wall Street Journal (Nova York).
- ↑ "Gun-toting Geraldo under fire for the story that never was", The Daily Telegraph, 20 de decembro de 2001
- ↑ McDougal, Dennis (5 de marzo de 1989). "There's a New Geraldo ... Sort of : Rivera' still a TV outlaw, but he's moving into new corporate, personal and professional worlds". Los Angeles Times.
- ↑ Froelich, Janis D.. (15 de xullo de 1991) Geraldo... Er, Make That Gerald Rivera's Moms Tell All!. Deseret News. Consultado o 17 de decembro de 2011.
- ↑ Geraldo, wife overcome fertility foes, have baby. Herald-Journal. 9 de novembro de 1992
- ↑ https://www.imdb.com/name/nm0729273/bio
- ↑ 50 Highs and Lows from 40 Years in the News Business Arquivado 24 de xaneiro de 2013 en Archive.is. Geraldo.com (5 de setembro de 2010). Consultado o 17 de decembro de 2011.
- ↑ Maier, Thomas (3 de agosto de 2010). Masters of Sex: The Life and Times of William Masters and Virginia Johnson, the Couple Who Taught America How to Love (en inglés). Basic Books. ISBN 9780465020409.
- ↑ "Geraldo Rivera declares himself a 'moderate Republican' as he eyes U.S. Senate run". NJ.com (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ Stetler, Brian (4 de febreiro de 2013). "Fox News Monitors Geraldo as He Mulls Political Office". The NY Times.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Geraldo Rivera |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial* "Geraldo Rivera Official Statement Regarding Embedment Controversy", 4 abril 2003 en Wayback Machine (archived 17 de xuño de 2019) – Rivera tells the story of his Iraq "Map in the Sand"
- "Pentagon Says Geraldo Rivera Will Be Removed From Iraq" – The New York Times, 1 de abril de 2003
- Geraldo Rivera's Influence on the Satanic Ritual Abuse and Recovered Memory Hoaxes Arquivado 06 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. – from religioustolerance.org
- Urban Legend about Geraldo Rivera's name being changed from Jerry Rivers – from snopes.com
- Nados en Manhattan
- Nados en 1943
- Xornalistas dos Estados Unidos de América
- Correspondentes de guerra
- Presentadores de televisión dos Estados Unidos de América
- Estadounidenses de ascendencia portorriqueña
- Estadounidenses de ascendencia rusa
- Estadounidenses de ascendencia xudía
- Escritores dos Estados Unidos de América
- Escritores en lingua inglesa