Geotail

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Geotail
Representación de Geotail.
TipoObservación terrestre
OrganizaciónISAS / NASA
Satélite deTerra
Data de lanzamento24 de xullo de 1992[1][2][3]
Foguete portadorDelta II 6925[2][4][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetocola terrestre.[2][6]
NSSDC ID1992-044A
Masa980 kg[2][6]
Dimensións2,2 m de diámetro por 1,6 m de alto.[2]
Potencia273 vatios[2]
Datos orbitais
Semieixo maior126.781,6 km[1]
Inclinación37 graos[1]
Apoapse186.025,5 km[1]
Periapse54.795,8 km[1]

Geotail é un satélite artificial xaponés lanzado en colaboración coa NASA mediante un foguete Delta II 6925 o 24 de xullo de 1992 desde Cabo Cañaveral. Forma parte da colaboración internacional ISTP para comprender mellor as relacións Terra-Sol xunto cos satélites Wind, Polar, SOHO e Cluster.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Geotail foi estudar os procesos que teñen lugar na magnetocola para comprender mellor o funcionamento da magnetosfera terrestre, incluíndo a física das rexións límite, os fenómenos de reconexión magnética e os mecanismos de entrada, transporte, almacenamento, transferencia de masa e momento e enerxía.[2][4]

O satélite estabilízase mediante xiro, a unhas 20 revolucións por minuto, co eixo de rotación inclinado entre 85 e 89 graos respecto do plano da eclíptica. Ten forma de cilindro e mide uns 2,2 metros de diámetro por 1,6 metros de alto. A alimentación eléctrica é proporcionada por células solares montadas sobre o corpo cilíndrico e baterías para os momentos nos que o satélite entra na sombra da Terra. Os datos recíbense en tempo real mediante un enlace en banda X no Centro do Espazo Profundo de Usuda, no Xapón. Para os momentos nos que non é posible a transmisión en tempo real, Geotail leva a bordo un par de grabadoras de cinta cunha capacidade de 450 Mb cada unha.[2]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Geotail leva sete instrumentos a bordo:[4]

  • Instrumento de ondas de plasma (PWI)
  • Composición de ións e partículas enerxéticas (EPIC)
  • Detector de campo eléctrico (EFD)
  • Medición de campos magnéticos (MGF)
  • Partículas de baixa enerxía (LEP)
  • Instrumento exhaustivo de plasma (CPI)
  • Partículas de alta enerxía (HEP)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "GEOTAIL" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (4 de novembro de 2011). "Geotail" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2012. 
  3. "Note verbale dated 17 February 1993 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (93-10783(E)): 1. 25 de febreiro de 1993. Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Geotail" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Delta 6925" (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "Geotail" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2012.