Georges Buchard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Georges Buchard
Georges Buchard championnat de France 15 juin 1922.jpg
Nacemento21 de decembro de 1893
 Harfleur
Falecemento22 de xaneiro de 1987
 Ruán - Rouen
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónesgrimista
IrmánsGustave Buchard
editar datos en Wikidata ]

Georges Buchard, tamén coñecido como Géo Buchard, nado en Harfleur o 21 de setembro de 1893 e finado o 22 de xaneiro de 1987, foi un tirador de esgrima francés, gañador de seis medallas olímpicas. Irmán do tamén medallista olímpico Gustave Buchard.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Especialista na modalidade de espada, competiu por primeira volta nun campionato de Francia en 1921. participou con trinta anos nos Xogos Olímpicos de 1924 celebrados en París, gañando a medalla de ouro en espada por equipos e finalizando sétimo na proba individual. En 1925 logrou o seu primeiro campionato nacional francés, posición que repetiu en 1927. Nos Xogos Olímpicos de 1928 de Ámsterdan logrou dúas medallas de prata, individual e por equipos, metal que revalidou na proba individual nos Xogos Olímpicos de 1932 dos Ánxeles. Nestes mesmos xogos gañou, así mesmo, a medalla de ouro na proba por equipos. Finalmente, nos Xogos Olímpicos de 1936 de Berlín gañou a medalla de bronce na proba por equipos.

Ao longo da súa carreira gañou seis medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, cinco delas de ouro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]