George Jones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Jones
Nome completoGeorge Glenn Jones
AlcumeGeorge Jones
Nacemento12 de setembro de 1931
Lugar de nacementoSaratoga
Falecemento26 de abril de 2013
Lugar de falecementoNashville
CausaInsuficiencia respiratoria
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióncountry singer, compositor de cancións, country musician, guitarrista, cantautor e artista discográfico
CónxuxeTammy Wynette
FillosGeorgette Jones
Coñecido porHe Stopped Loving Her Today
PremiosNational Medal of Arts, Grammy á carreira artística e Premio Kennedy
Na rede
http://www.georgejones.com
IMDB: nm0428126 Spotify: 2OpqcUtj10HHvGG6h9VYC5 iTunes: 17488 Musicbrainz: f2903be0-79a7-4334-8cc5-e45309482a97 Songkick: 252288 Discogs: 357982 Allmusic: mn0000944310 WikiTree: Jones-12587 Find a Grave: 7225751 Deezer: 62346 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

George Glenn Jones, nado en Saratoga (Texas) o 12 de setembro de 1931 e finado en Nashville (Tennessee) o 26 de abril de 2013, foi un cantante country estadounidense, coñecido pola súa longa lista de éxitos, voz distintiva e fraseos. Estivo casado coa cantante Tammy Wynette.

Nos últimos vinte anos da súa vida foi coñecido como the greatest living country singer ("o maior cantante de country vivo").[1] O estudoso do country Bill C. Malone escribiu:

Para os dous ou tres minutos consumidos por unha canción, Jones mergúllase tan completamente nas súas letras e no humor que transmite, que o que escoita apenas pode evitar verse envolto da mesma maneira".[2]

Durante a súa longa traxectoria, Jones apareceu en numerosos titulares tanto pola súa afección á bebida, as súas tormentosas relacións coas mulleres e as violentas pelexas como pola súa prolífica gravación de discos e as súas xiras. O seu modo de vida salvaxe levouno a perder moitas actuacións, outorgándolle o alcume de "No Show Jones". Coa axuda da súa cuarta esposa, Nancy, conseguiu maternse afastado da bebida durante varios anos. Conseguiu máis de 150 éxitos en solitario e en dúos con outros artistas. A liña do seu nariz, os seus acenos e as súas marcas faciais valéronlle tamén o alcume de "The Possum" ("a sarigüeia"). Jones adoitaba dicir nas súas entrevistas que escollera facer "só" sesenta concertos cada ano.

Vida perosal[editar | editar a fonte]

Jones estivo casado catro veces:

  • Dorothy Bonvillion (1950 - 1951), coa que tivo unha filla
  • Shirley Ann Corley (1954 - 1968), coa que tivo dous fillos
  • Tammy Wynette (1969 - 1975), coa que tivo unha filla
  • Nancy Sepulvado (1983 - 2013)

Premios e honras[editar | editar a fonte]

Jones recibiu moitos premios durante a carreira, dende o "Most Promising New Country Vocalist" en 1956. Foi incluído no Country Music Hall of Fame en 1992 e recibiu a honra do Kennedy Center en 2008.

En 2008 formou parte do xurado do oitavo concurso de Independent Music Awards en apoio ás carreiras de artistas independentes.[3]

Números un nas listas de country[editar | editar a fonte]

  1. "White Lightning" (1959)
  2. "Tender Years" (1961)
  3. "She Thinks I Still Care" (1962)
  4. "Walk Through This World With Me" (1967)
  5. "We're Gonna Hold On" (con Tammy Wynette) (1973)
  6. "The Grand Tour" (1974)
  7. "The Door" (1975)
  8. "Golden Ring" (con Tammy Wynette) (1976)
  9. "Near You" (con Tammy Wynette) (1977)
  10. "He Stopped Loving Her Today" (1980)
  11. "(I Was Country) When Country Wasn't Cool" (con Barbara Mandrell) (1981)
  12. "Still Doin' Time" (1981)
  13. "Yesterday's Wine" (con Merle Haggard) (1982)
  14. "I Always Get Lucky With You" (1983)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CMT.com : George Jones : Biography". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2015. Consultado o 22 de setembro de 2018. 
  2. Orixinal en inglés: "For the two or three minutes consumed by a song, Jones immerses himself so completely in its lyrics, and in the mood it conveys, that the listener can scarcely avoid becoming similarly involved".
  3. "Independent Music Awards - Past Judges". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2011. Consultado o 22 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • I Lived to Tell it All, George Jones e Tom Carter, Dell Publishing, 1997, ISBN 0-440-22373-3
  • In The Country of Country: A Journey to the Roots of American Music. Nicholas Dawidoff, Vintage Books, 1998, ISBN 0-375-70082-X
  • Country Music U.S.A., Bill C. Malone, University of Texas Press, 1985, ISBN 0-292-71096-8
  • Joel Whitburn's Top Country Songs, 1944 to 2005, Record Research, Inc., Menomonee Falls, WS, 2005, ISBN 0-89820-165-9

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]