Gentiana acaulis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gentiana acaulis é unha especie de planta da familia Gentianaceae, nativa do centro e sur de Europa, desde o leste da Península Ibérica aos Balcáns, e que medra especialmente nas rexións montañosas, tales como os Alpes, Cévennes e os Pireneos, en alturas de entre 800 e 3000 metros.

Unha ilustración de G. acaulis

É unha planta perenne, que medra en solos ácidos, chegando a entre 5 e 20 cm de altura, excepcionalmente 25[1] e 10 cm ou máis de largo. As follas son verdes, de entre 2 e 3.5 cm de longo, nunha roseta basal, formando grupos. As flores teñen forma de corola tubulosa de cor azul con manchas lonxitudinais verde oliva. Medran nun pedúnculo, moi curto, de 3–6 cm de longo. A flor do talo con frecuencia carece de follas, ou como moito presenta 1 ou 2 pares de follas. Florece a fiinais da primavera e no verán.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.floraiberica.es/floraiberica/texto/borradores/vol_XI/11_130_00_Gentiana.pdf Arquivado 15 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. S. Talavera, C. Andrés, M. Arista, M.P. Fernández Piedra, M.J. Gallego, P.L. Ortiz, C. Romero Zarco, F.J. Salgueiro, S. Silvestre & A. Quintanar (1993). Flora iberica 11. Real Jardín Botánico, CSIC, Madrid

Véxase tamén[editar | editar a fonte]