Gay Activists Alliance

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Alianza de Activistas Gais (en inglés Gay Activists Alliance, GAA) foi fundada en Nova York o 21 de decembro de 1969, tras os disturbios de Stonewall, por membros disidentes da Gay Liberation Front (GLF; «Fronte de liberación gai»), entre os que se encontraban Sylvia Rivera, Marsha P. Johnson, Jim Coles, Brenda Howard, Christopher Charles e Altan Zimbabwe, quen querían formar unha organización militante non violenta e politicamente neutral centrada nun único interese, asegurar os dereitos humanos básicos, a dignidade e a liberdade para todos os gais. O seu primeiro presidente foi Jim Owles.

A Gay Activists Alliance estivo especialmente activa entre 1970 e 1974. Publicaron o xornal Gay Activist até 1980. As súas primeiras reunións tiveron lugar na Church of the Holy Apostles (9th Ave. & 28th St.). O seu seguinte cuartel xeral en Nova York (a Firehouse no 99 de Wooster Street, no Soho) foi ocupado en maio de 1971 e incendiado por pirómanos o 15 de outubro de 1974. A GAA disolveuse finalmente en outubro de 1981.[1]

Os membros da GAA realizaron accións zap (concibidas por primeira vez por Marty Robinson), confrontacións pacíficas en público coa policía para chamar a atención dos medios de comunicación.

Entre as súas accións máis coñecidas estiveron a protesta contra un episodio anti gai da popular serie de televisión Marcus Welby, MD, un zap no Metropolitan Museum e despois no Radio City Music Hall, un zap contra o gobernador Nelson Rockefeller (o "Rockefeller 5"), un zap no Marriage License Bureau reclamando o dereito do matrimonio para os gais, un zap contra Fidelifacts, que proporcionaba información anti gai aos seus empregados, un zap na NYC Taxi Commission (que lle requiría aos taxistas gais un certificado de aptitude por parte dun psiquiatra para poder obter o emprego), e un zap no NY Daily News, que publicou un editorial calumnioso atacando os queers (gais), lezzies (lesbianas), pansies (homosexuais) etc.

O símbolo da Gay Activists Alliance era a letra minúscula grega lambda (λ).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. David Eisenbach, Gay Power, páx. 266: "En 1980 GAA comezou a parecerse á Gay Liberation Front de 1969. Tras un encontro dos activistas, desfíxose a Alianza un ano despois...".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]