Sylvia Rivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sylvia Rivera
Nacemento2 de xullo de 1951
 Nova York
Falecemento19 de febreiro de 2002
 Nova York
Causacancro de fígado
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónactivista LGBT e feminista
editar datos en Wikidata ]

Sylvia Ray Rivera, nada en Nova York o 2 de xullo de 1951 e finada na mesma cidade o 19 de febreiro de 2002, foi unha activista transxénero estadounidense,[1][2][3] que destacou como activista en Nova York. Rivera, que se identificaba como drag queen,[4][5][6] Participou nas manifestacións coa Fronte de Liberación Gai.[7]

Xunto a súa amiga Marsha P. Johnson, Rivera fundou Street Transvestite Action Revolutionaries (STAR), un grupo dedicado a axudar as xoves drag queens sen fogar, a mocidade gai e as mulleres trans.[8]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rivera naceu e criouse na cidade de Nova York, na que viviu boa parte da súa vida; tiña orixes portorriqueñas e e venezolanas.[4] Fora abandonada polo seu pai biolóxico José Rivera cando era pequena e quedou orfa logo de que a súa nai se suicidara cando Sylvia contaba tres anos de idade.[9] Rivera foi criada pola súa avoa venezolana, que desaprobaba o comportamento efeminado de Rivera, especialmente logo de que Rivera comezara a levar maquillaxe aos dez anos de idade, aproximadamente.[9] Debido a isto Rivera comezou a vivir na rúa cando tiña 11 anos e foi obrigada a traballar como prostituta. Foi acollida na comunidade local de drag queens, quen lle deu o nome de Sylvia.[10]

Activismo[editar | editar a fonte]

Rivera inciouse no activismo en 1970 tras entrar na Gay Activists Alliance (en galego Alianza de Activistas Gais) con 18 anos. Alí foi onde loitou non só polos dereitos das persoas homosexuais senón tamén por incluír as drag queens coma ela no movemento.[11] O seu nome está ligado en diversas fontes á rebelión de Stonewall, [12]xurdida en resposta a unha redada policial no bar gai Stonewall Inn o 28 de xuño de 1969. Segundo as investigacións realizadas por David Carter, historiador de Stonewall, son varios os indicios e os testemuños que apuntan a que Rivera non estaba na noite que se inicia a revolta de Stonewall malia que ela fixo varias declaracións nesa dirección. Este cuestionamento baseouse nas contradiccións entre as súas declaracións e o testemuños que lle fixeran chegar activistas gais pioneiros, incluída a propia Marsha P. Johnson.[13] Esta última negaba que Rivera estivera nas revoltas.[11]En opinión de Carter, foi andando o tempo e a raíz de que a súa vella amiga, Marsha P. Johnson fora louvada polo seu papel nas revoltas de Stonewall, que Rivera afirmaría que tamén estivera presente nelas.[11] Rivera tamén declarou que estivera implicada no activismo xuvenil portorriqueño e afroamericano, especialmente cos Young Lords e os Panteras Negras.[9]

Marsha P. Johnson, Joseph Ratanski e Sylvia Rivera na marcha do orgullo de Nova York de 1973, creado por Gary LeGault

Rivera loitou contra o consumo de drogas en distintos momentos da súa vida e viviu nas rúas, por moito tempo na comunidade gai de senteito nos peiraos da rúa Christopher.[14]As súas experiencias levárona a centrarse na loita polo dereitos de quen, segundo ela, eran deixados de lado pola sociedade e polos sectores asimilacionistas da comunidades gai.[15] Por esta razón Rivera levantaba a súa voz para darlle poder á súa comunidade. Loitou por ela mesma, pero sobre todo polos dereitos das persoas de cor e baixos ingresos da comunidade LGBT. Como alguén que sofrera sistemáticamente pobreza e racismo, usaba a súa voz pola unidade, compartindo as súas historias, dor e loitas para deste xeito mostrar á súa comunidade que non estaban soas. Deulle voz ós membros máis vulnerables da comunidade gai: drag queens, xoves senteito, gais en prisión e transexuais.[16]

Johnson foi amiga e aliada de Rivera. Os seus debates leváronas ao activismo e en 1970 fundaron xuntas a Street Transvestite Action Revolutionaries (STAR). STAR ofrecía servizos e asistencia dirixidos á mocidade queer sen fogar[17] e loitaba pola Sexual Orientation Non-Discrimination Act (SONDA) en Nova York. A SONDA prohibía a discriminación baseada na orientación sexual no emprego, vivenda, educación, crédito e o exercicio dos dereitos civís.[10]

Nunha manifestación na rúa Christopher de Nova York celebrada no ano 1973 Rivera, en representación de STAR, deu un pequeno discurso no principal escenario* en que increpou os homes heterosexuais que estaban a atacar os membros vulnerables da comunidade. Rivera adheriuse ao que pode ser considerado como a perspectiva do terceiro xénero, o dicir que os presos LBTB que buscaban axuda "non lles escribían a homes. Non escriben ás mulleres. Escríbenlles a STAR".[18] No mesmo evento, Rivera e a súa amiga Lee Brewster saltaron ao escenario durante o discurso da activista feminista Jean O'Leary e berráronlle ao público o seu discurso “Y’all Better Quiet Down," (Mellor que todos vos calmedes) declarando que "Iredes a prisión por todo o que as drag queens fixeron por vós e estas "putas" dícennos que deixemos de ser nós mesmas!"[15][19]

A comezos de xullo de 1992, pouco despois da marcha do orgullo en Nova York, o corpo de Marsha Johnson apareceu flotando nas augas do río Hudson, nos peiraos de West Village. A policía deseguido dictaminou que se tratara dun suicidio malia a presenza dunha ferida na cabeza. [20] As amizades e simpatizantes de Johnson, incluída Rivera, insistiron en que Johnson nunca tivera un carácter suicida. En maio de 1995 Rivera tentou suicidarseno río Hudson.[21] Ese mesmo ano apareceu no episocio documental realizado por Arthur Dong "Out Rage '69", e que formaba parte da serie da PBS The Question of Equality[22] e deu unha longa entrevista ao xornalista gai Randy Wicker. Nela falaba sobre as súas tentativas de suicidio, a vida e morte de Johnson e a súa loita polos homosexuais pobres e de clase traballadora que acabaran sen fogar por culpa da crise da SIDA.[14]

Nos cinco últimos anos da súa vida Rivera retomou a súa actividade política, dando discutsos sobre o a revolta de Stonewall[23] e a necesidade de que as persoas transxénero, incluídas as drag queens e as butch dykes, loitasen polo seu legado á fronte do movemento LGBT. Rivera viaxou a Italia en 200 con ocasión da Marcha do Milenio, onde foi aclamada como a "mai de todos os gais".[12] A comezos de 2001 toma a decisión de resucitar STAR como unha organización política activa.[24]

Rivera enfurecíase co que percibía como unha minimización da importancia das drag queens e a cultura drag por parte do ostensible asiimilacionismo da axenda dos dereitos dos gais, en particular polos chamados a ser "novos líderes" que se centraban nos temas do servizo militar e o matrimonio igualitario.[12][25]

Identidade de xénero[editar | editar a fonte]

A identidade de xénero de Rivera foi complexa e variada ao longo da súa vida.[4][14] En 1971 ela definíase como " medio irmá".[26] No seu ensaio "Transvestites: Your Half Sisters and Half Brothers of the Revolution" ela declaraba explicitamente o seu uso do termo travestí como unicamente aplicable á comunidade gai: "Transvestís son homes e mulleres homosexuais que se visten coas roupas do sexo oposto""[26][27]

Nos textos e entrevistas dos seus últimos anos, e especificamente a súa entrevista con Randy Wicker en 1995 e no seu ensaio "Queens In Exile, The Forgotten Ones" de 2002, usou o termo de xénero fluído ou noutras ocasións "home gai" [2], chica gai [14], reina das rúas [4][5][6] e novamente home gai [4] para referirse a si mesma. Incluíndo deste xeito todas estas experiencias e non vendo ningunha destas identidades como excluínte.[4] Rivera escribiu que considerara a reasignación de xénero en épocas moi anteriores da súa vida, pero que decidira rexeitala, chegando a tomar hormonas unicamente nos últimos anos da súa vida.[4]

Marchei da casa en 1961, con 10 anos. (...) Os inicios dos sesenta non foron unha boa época para as drag queen, os rapaces efeminados ou aqueles que levabasen maquillaxe, como nós faciamos. Daquela a policía mallaba en nós, todo o mundo mallaba en nós. Non foi ata dinais dos sesenta cando saín do armario como drag queen, cando as drag queen eran arrestadas que degradante* era. Lembro a primeira vez que fun arrestada, non estaba nin sequera completamente vestida de drag. Ía camiñando pola rúa e os policías simplemente secuestráronme*. [28] Agora a xente quere chamarme lesbiana porque estou con Julia,[29] e eu dígolles:" Non, eu sigo sendo eu. Non son lesbiana". Estou cansa de ser etiquetada. Nin sequera me gusta o termo transxénero. Estou cansa de vivir con etiquetas. Tan só quero ser quen son. Son Sylvia Rivera. Ray Rivera marchou da casa cando tiña dez anos para converterse en Sylvia. E esa é quen son.[4]

Morte[editar | editar a fonte]

Riveira morreu durante as horas do solpor dun 19 de febreiro, no Hospital St. Vincent de Nova York polas complicacións dun cancro de fígado.[30] Segundo apuntou o activista Riki Wilchins: "en moitos aspectos Sylvia foi a Rosa Parks do movemento transxénero moderno, un termo que non chegou a cuñarse ata dúas décadas despois de Stonewall".[31][32]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dunlap, David W. (20 de febreiro de 2002). "Sylvia Rivera, 50, Figure in Birth of the Gay Liberation Movement". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Randy Wicker Interviews Sylvia Rivera on the Pier. 21 de setembro de 1995. Escena en 14:17. Consultado o 24 de cullo de 2015. .
  3. "21 Transgender People Who Influenced American Culture". Time Magazine. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Rivera, Sylvia, "Queens In Exile, The Forgotten Ones" en Street Transvestite Action Revolutionaries: Survival, Revolt, and Queer Antagonist Struggle. Untorelli Press, 2013.
  5. 5,0 5,1 Leslie Feinberg (September 24, 2006). Street Transvestite Action Revolutionaries. Workers World Party. "Stonewall combatants Sylvia Rivera and Marsha "Pay It No Mind" Johnson... Both were self-identified drag queens."
  6. 6,0 6,1 Sylvia Rivera Reflects on the Spirit of Marsha P Johnson. 21 de setembro de 1995. Consultado o 24 de xullo de 2015. .
  7. Fotografías por Diana Davies, na serie Gay Liberation Front: Rivera leva unha camiseta cun "E"} nunha fila de activistas formando o lema "Gay Power".
  8. Marsha P. Johnson morreu en 1992. No ano 2001, Rivera volveu a poñer en marcha o grupo, renomeándoo como "Street Transgender Action Revolutionaries." SoundPortraits (July 4, 2001). Update on Remembering Stonewall. Arquivado 2013-07-02 en Wayback Machine.
  9. 9,0 9,1 9,2 Gan, Jessi. "'Still at the Back of the Bus': Sylvia Rivera's Struggle". Arquivado 06 de abril de 2012 en Wayback Machine. CENTRO: Journal of the Center for Puerto Rican Studies 19.1 (Spring 2007): 124–139.
  10. 10,0 10,1 Cohen, Stephan (2007). The Gay Liberation Youth Movement in New York: 'An Army of Lovers Cannot Fail'. London: Routledge. ISBN 0-8070-7941-3. (require subscrición (?)). 
  11. 11,0 11,1 11,2 Carter, David (27 de xuño de 2019). "Exploding the Myths of Stonewall". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2019. Consultado o 29 de xuño de 2019. 
  12. 12,0 12,1 12,2 Rivera, Sylvia. "Sylvia Rivera's Talk at LGMNY, June 2001, Lesbian and Gay Community Services Center, New York City". Arquivado 06 de abril de 2012 en Wayback Machine. CENTRO: Journal of the Center for Puerto Rican Studies 19.1 (Spring 2007): 116–123.
  13. Cain, Paul D. "David Carter: Historian of The Stonewall Riots". Gay Today. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 Randy Wicker Interviews Sylvia Rivera on the Pier. 21 de setembro de 1995. Escena en Repeatedly throughout interview. Consultado o 24 de xulo de 2015. 
  15. 15,0 15,1 Clendinen, Dudley, and Nagourney, Adam (1999). Out for Good, Simon & Schuster. ISBN 0-684-81091-3, pp. 171–172.
  16. Shepard, Benjamin (2012). "From Community Organization to Direct Services: The Street Trans Action Revolutionaries to Sylvia Rivera Law Project". Journal of Social Service Research. 
  17. Ng, Samuel (2013). "Trans Power! Sylvia Lee Rivera's STAR and the Black Panther Party". Left History 17. 
  18. y'all better quiet down!. Escena en 1:40. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2015. Consultado o 12 de marzo de 2020. 
  19. Duberman, Martin (1993). Stonewall, Penguin Books. ISBN 0-525-93602-5, p. 236.
  20. Wicker, Randolfe (1992) "Marsha P Johnson – People's Memorial".  Consultado o 26 de xullo de 2015.
  21. Staff report (May 24, 1995). About New York; Still Here: Sylvia, Who Survived Stonewall, Time and the River. New York Times
  22. Goodman, Walter (November 4, 1995). Television Review: The Gay Search for Equality. New York Times
  23. "It was a rebellion, it was an uprising, it was a civil rights disobedience — it wasn't no damn riot." – Stormé DeLarverie in K, Kristi (May 28, 2014). "Something Like A Super Lesbian: Stormé DeLarverie (In Memoriam)". thekword.com. Consultado o March 22, 2015. 
  24. Feinberg, Leslie (1996) Transgender Warriors: Making History. Boston: Beacon Press. ISBN 0-8070-7941-3
  25. Hoffman, Amy (2007) An Army of Ex-Lovers: My life at the Gay Community News. University of Massachusetts Press 978-1558496217
  26. 26,0 26,1 Rivera, Sylvia, "Transvestites: Your Half Sisters and Half Brothers of the Revolution" en Street Transvestite Action Revolutionaries: Survival, Revolt, and Queer Antagonist Struggle. Untorelli Press, 2013. "Transvestites are homosexual men and women who dress in clothes of the opposite sex."
  27. Cita no idioma orixinal "Transvestites are homosexual men and women who dress in clothes of the opposite sex."
  28. Rivera, Sylvia, "I'm Glad I Was in The Stonewall Riot" in Street Transvestite Action Revolutionaries: Survival, Revolt, and Queer Antagonist Struggle. Untorelli Press, 2013.
  29. Julia Murray, Rivera's partner in the last years of her life
  30. Dunlap, David W. (February 20, 2002). Sylvia Rivera, 50, Figure in Birth of the Gay Liberation Movement. New York Times
  31. Wilchins, Riki (febreiro de 27, 2002). "A Woman for Her Time: In Memory of Stonewall Warrior Sylvia Rivera". Village Voice. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2006. 
  32. Cita no idioma orixinal"In many ways, Sylvia was the Rosa Parks of the modern transgender movement, a term that was not even coined until two decades after Stonewall".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]