Erasmo de Narni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gattamelata»)
Infotaula de personaErasmo de Narni

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(it) Erasmo da Narni Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1370 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Narni (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xaneiro de 1443 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Padua Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Santo Antonio de Padua Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesGattamelata Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRepública de Florencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncondottiero Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Escultura ecuestre de Erasmo de Narni "Gattamelata" no Museo la Piscine de Roubaix.

Erasmo de Narni, nado en Narni -Umbría- en 1370[1] e finado en Padua o 16 de xaneiro[2][3] de 1443, coñecido polo alcume de "Gattamelata", foi un dos condottieri (palabra derivada de condotta, que era o vocábulo co que se designaba ás tropas mercenarias[4]), máis famosos do Renacemento italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe humilde, seu pai era panadeiro, descoñécese o motivo do alcume pero mentres unhas versións se refiren ao seu carácter doce nas formas e implacable na execución, outras refírense a un derivado do apelido da nai (Melania Gattelli)[5].

Comezou como soldado baixo o mando do nobre de Asís, Ceccolo Broglia[6], antes de entrar co seu amigo Brandolino Conte Brandolini ao servizo dun dos grandes capitáns do século XV, Andrea Fortebracci, coñecido como Braccio da Montone[4]. En 1424, tivo a súa propia compañía mercenaria e foi contratado por un gran número de cidades-estado italianas. Primeiro estivo ao servizo de Florencia, contra o duque de Milán (Filipo María di Visconti); en 1427, o papa Martiño V, reclámao ao seu servizo para recuperar diversos territorios que se rebelaran. Así, durante o ano segunite, conseguiu a rendición de Boloña, que se sublevara fronte ó papa e establecera unha República[7]. Durante 1431 e 1432. contivo os problemas en Forli e en Rímini e outros lugares da Romaña, pero a falta de pago das débedas crecentes do papa[7] (trala morte de Martiño V, o sucedeu Uxío IV) para con el, provou que buscara outros contratadores.

Finalmente en 1434, foi contratado pola República de Venecia para loitar contra os Visconti do ducado de Milán. Apoiando as armas venecianas tomou parte, en 1437, na defensa do paso do Adda contra os milaneses e ese mesmo ano substituirá como capitán xeneral de Venecia ao marqués de Mantua, cando este mudou de bando e pasou a apoiar a Milán. Permaneceu en Venecia ata que en 1440, sentídose enfermo, retirouse a Padua onde morreu en 1443. Á súa morte fóronlle dispensados grandes honores en Venecia, como inscribilo no libro de ouro da aristocracia.[8]

Gattamelata casou ao redor de 1410 con Giacoma Antonio da Leonessa, que morreu en Montagnana en setembro de 1466, e coa cal tivo 1 fillo que tamén foi mercenario e 5 fillas. A súa armadura consérvase no Museo do Arsenal de Venecia e o bastón de mando que recibiu de Venecia ao se converter no seu Capitán Xeneral, consérvase na Basílica do Santo en Padua.

Escultura[editar | editar a fonte]

Gattamelata foi o modelo da estatua ecuestre realizada por Donatello, e que foi colocada na praza principal de Padua, cidade na que exerceu como ditador en 1437. Donatello fixo esta escultura ecuestre, unha das máis importantes do Renacemento, inspirándose no modelo da estatua ecuestre do emperador romano Marco Aurelio. A estatua do "condottiero" Gattamelata, foi a primeira estatua en honor dun guerreiro de toda a historia moderna.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bassetti, Sandro (2012). Erasmo Gathamelata (en italiano). Lampi di Stampa. p. 59. ISBN 8848814522. 
  2. Segundo outras fontes (Basetti, Sandro. Erasmo Gathamelata. p. 30. ) finou o día 9,
  3. No DIZIONARIO BIOGRAFICO Trecani.it dase como válida a data do 16.
  4. 4,0 4,1 Protto, Eduardo (2011). Miscelánea. Editorial Lulu.com. ISBN 978-1-4583-6362-6. 
  5. "Páxina oficial do concello de Narni". Arquivado dende o orixinal o 03-03-2016. Consultado o 28-04-2017. 
  6. Gonzati, Bernardo (1852). La basilica di S.Antonio di Padova descritta ed illustrata. Vol.II. p. 126. 
  7. 7,0 7,1 "Erasmo da Narni, no Diccionario Biográfico Trecani". Consultado o 30-04-2017. 
  8. Gran Enciclopedia Larousse. vol. 10. Planeta. 1988. p. 4784. ISBN 84-320-7380-6.