Gástrula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gastrulación")
Proceso de gastrulación:
1. Blástula: blastoderma (en laranxa), blastocele (en marrón), epiblasto (en vermello);
2. Gástrula: ectoderma (en laranxa), mesoderma (en vermello), endoderma (en marrón).

A gástrula é a terceira etapa do desenvolvemento embrionario dos animais triploblásticos, que segue á fase de blástula.

A fase de gástrula é o resultado dunha drástica reestruturación denominada gastrulación, proceso mediante o que a blástula se converte en gástrula. Na súa iniciación, o embrión (blástula) é unha esfera chea de líquido, cun polo animal e un polo vexetativo. As células do polo vexetativo comezan a dividirse máis rapidamente que as outras e invaxínanse, formando un espazo chamado arquéntero ou intestino primitivo.

Algunhas células sepáranse da parede e migran para o blastocele transformándose en células do mesénquima; estas células divídense formando filamentos que empuxan ao arquéntero para o polo animal. O arquéntero, que até ese momento era un tubo pechado, ábrese para o exterior, formando a boca nos protóstomos e o ano nos deuteróstomos.

O embrión adquire unha oreientación axial e tres capas xerminativas:

Cando a gastrulación se completou, o embrión convértese nunha néurula, a fase seguinte do desenvolvementlo do embrión.

Nos humanos, a gástrula aparece na terceira semana do embarazo, despois da implantación.