Garuda 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Garuda 1
TipoComunicacións
FabricanteLockheed Martin
OrganizaciónAsia Cellular Satellite
Destino actualFóra de servizo.[1][2][3]
Data de lanzamento12 de febreiro de 2000[1][4][5][6]
Foguete portadorProton K/DM-3[1][3]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[1][2]
Obxectivo da misiónServizos de comunicación.[1][2]
NSSDC ID2000-011A
Masa4500 kg[1]
Datos orbitais
Semieixo maior42262 km[4]
Inclinación4,1º[4]
Apoapse35.916,9 km[4]
Periapse35.866,8 km[4]

Garuda 1 foi un satélite de comunicacións de indonesio lanzado o 12 de febreiro de 2000 mediante un foguete Proton K/DM-3 desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][3]

Características[editar | editar a fonte]

Garuda 1 foi o primeiro satélite de comunicacións en ofrecer servizos de telefonía móbil desde a órbita xeoestacionaria. Pertencía á empresa Asia Cellular Satellite (ACeS). Ía ser o primeiro dunha constelación de satélites adicada a dar este tipo de servizo, pero o Garuda 2 nunca se chegou a lanzar e o proxecto non se levou a cabo.[1][2][3]

O satélite usaba o bus A2100AXX e os seus paneis solares xeraban 14 kW de potencia. Levaba 110 transpondedores de banda L a bordo e daba cobertura a unha zona con 3500 millóns de habitantes. Potencialmente era capaz de xestionar 2 millóns de chamadas diarias, pero un problema nos seus transpondedores diminuíu esa cifra a 1,4 millóns. Garuda 1 foi retirado en 2015 e movido a unha órbita cemiterio máis alá da órbita xeoestacionaria.[1][2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (17 de abril de 2020). "Garuda 1" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2020). "Garuda 1, 2" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Garuda 1, 2 (ACeS 1, 2)" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "GARUDA 1" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2020. 
  5. Claude Lafleur (2020). "Garuda 1 (ACES)" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2020. 
  6. "Note verbale dated 28 August 2008 from the Permanent Mission of Indonesia to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-55863(E)). 18 de agosto de 2010: 4. Consultado o 23 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]