Garrett Reisman
(2007) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de febreiro de 1968 Morristown, Estados Unidos de América |
| Educación | Instituto Tecnolóxico de California - Doutor en filosofía (–1997) Universidade de Pensilvania Parsippany High School (en) |
| Director de tese | Christopher E. Brennen (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | astronauta, enxeñeiro, emprendedor |
| Empregador | NASA, astronauta |
| Tempo no espazo | 107 días, 3 horas e 15 minutos |
| Actividade extravehicular | 3 (21 horas e 21 minutos) |
| Misión do astronauta | |
| Premios | |
| Sitio web | garrettreisman.com |
Garrett Erin Reisman, nado en Nova Jersey o 10 de febreiro de 1968, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-123, STS-124 e STS-132 e foi membro das expedicións 16 e 17 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Reilly graduouse en economía pola Universidade de Pensilvania en 1991, en enxeñaría mecánica pola mesma universidade en 1991, é máster na mesma materia polo Instituto de Tecnoloxía de California en 1992 e ten un doutoramento na mesma materia polo mesmo instituto en 1997.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1998, participando nas misións STS-123, STS-124 e STS-132 e sendo membro das expedicións 16 e 17 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 107,14 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2021). "Reisman, Garrett Erin 'Big G'" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xuño de 2011). "GARRETT E. REISMAN (PH.D.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Garrett Reisman |