STS-123

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-123
Lanzamento da misión STS-123
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento11 de marzo de 2008, 6:28 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión15,76 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso27 de marzo de 2008[6]
NSSDC ID2008-009A

STS-123 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 11 de marzo de 2008 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-123, con sete astronautas a bordo (seis americanos e un xaponés), foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Dominic Gorie, o piloto Gregory H. Johnson e os especialistas de misión Robert L. Behnken, Mike Foreman, Takao Doi e Rick Linnehan.[3][5][6][7]

O Endeavour acoplouse ao porto PMA-2 da estación ás 3:49 GMT do 13 de marzo levando a bordo o módulo laboratorio xaponés Kibo e o brazo robótico canadense Dextre, que quedaron instalados tras cinco paseos espaciais.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 27 de marzo de 2008.[3][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 123" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 17 June 2008 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-50722(E)). 4 de febreiro de 2010: 5. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 123" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-123 / ISS J/A" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-123" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (8 de abril de 2008). "STS-123" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]