Gang of Four (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gang of Four
Gang of Four in Chicago.jpg
OrixeLeeds, Inglaterra
Período1977 - 1983
1987 - 1997
2004 - presente
Xénero(s)post-punk, New Wave, dance-punk
Selo(s) discográfico(s)V2 Records, EMI, Warner Bros. Records, PVC/Jem, Fast Product
MembrosJon King
Andy Gill
Mark Heaney
Thomas McNeice
Antigos membrosDave Allen
Hugo Burnham
Ambrose Nzams
Sara Lee
Busta "Cherry" Jones
Páxina webgangoffour.co.uk

Gang of Four é unha banda inglesa de post-punk procedente de Leeds, no norte de Inglaterra. A formación orixinal estaba composta polo vocalista Jon King, o guitarrista Andy Gill, o baixista Dave Allen e o batería Hugo Burnham. A banda estivo activa dende 1977 ata 1983 e reuníuse dúas veces nos anos 90 con King e Gill. No 2004 a formación orixinal volvería a tocar, pero no 2006 Allen foi substituído no baixo por Thomas McNeice e Burnham na batería por Mark Heaney.

A banda toca unha mestura de punk rock, funk e dub reggae, facendo énfase nos problemas sociais e políticos. Gang of Four é amplamente considerada unha das principais bandas do movemento post-punk de finais dos 70 e principios dos 80. Nos seus álbums Songs of the Free e Hard suavizaron algunhas das súas cualidades máis discordantes, e aproximáronse cara o dance-punk e a música disco. O seu disco de estrea, Entertainment!, foi coocado no posto 490 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos" (na revisión da lista en 2012 pasaría ao posto 483)[1], e foi listado por Pitchfork Media como o 8º mellor álbums dos 70[2]. David Fricke, da Rolling Stone, describiu a Gang of Four como "probablemente a mellor banda con motivación política do rock & roll".

Influencia[editar | editar a fonte]

Gang of Four foi unha gran influencia nun bo número de grupos de rock alternativo durante os anos 80 e 90, aínda que poucos dos seus seguidores adoptaron o seu punto de vista artístico ou político. O líder de R.E.M. Michael Stipe citou a Gang of Four como unha das súas principais influencias; Flea dos Red Hot Chili Peppers afirmou que Gang of Four foi a principal guía nos primeiros tempos da súa banda (Andy Gill de feito produciu o álbum de estrea dos Chili Peppers). Kurt Cobain dixo que Nirvana comezou como "unha estafa de Gang of Four".

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Entertainment! 1979 EMI
Solid Gold 1981 Warner Bros.
Songs of the Free 1982 Warner Bros.
Hard 1983 Warner Bros.
Mall 1991 Polydor
Shrinkwrapped 1995 Castle
Return the Gift 2005 V2 Records
Content 2011 Yep Roc
What Happens Next 2015 Metropolis/Membran

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]