Saltar ao contido

Galo Salinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 10 de setembro de 2009 ás 23:11 por Xas (conversa | contribucións) (imaxe)

Galo Salinas Rodríguez naceu na Coruña no ano 1852. En 1864, con tan só doce anos de idade, emigraría a Montevideo (Uruguai), onde atoparía un traballo de comerciante. No seu retorno a Galiza, en 1876, Galo Salinas estableceuse no vila de Pontedeume, onde exercerá o maxisterio, deixando posteriormente a profesión de mestre para traballar de xornalista na súa cidade natal, A Coruña. Alí dirixiría a Revista Gallega. Semanario de Literatura e Intereses Regionales e entrará en contacto cos intelectuais da Cova Céltica. En 1903 pasará a dirixir a Escola Rexional de Declamación, fundada por daquela recentemente por un grupo de rapaces liderado por Eduardo Sánchez Miño. De feito, a primeira obra teatral que estreará esta escola dramática será ¡Filla...! (1892) de Galo Salinas. As súas loitas de poder con Manuel Lugrís Freire propiciarán que Salinas abandone a dirección da Escola Rexional de Declamación en 1904. Prolífero escritor dramático, a el debémoslle o primeiro estudo teórico sobre teatro galego, Memoria Acerca de la Dramática Gallega. Causas de su Poco Desarrollo e Influencia que en el Mismo Puede Ejercer el Regionalismo(1896), verquido en 1998 á lingua galega por Laura Tato. Falecería Galo Salinas na Coruña, en 1921.

Obra

¡Lenda de horrore! de Galo Salinas

Obra poética

  • "O Hino Popular Regional" (1893).
  • ¡Lenda de Horrore! A Mitra de Ferro Ardente (1894).
  • ¡Galicia!(1894).

Obra dramática

  • A Torre do Peito Burdelo (1891).
  • ¡Filla...! (1892).
  • Sabela (estreado en 1903).
  • A Fidalga (1904).
  • A Campán (Honor Golfesco) (1904).
  • Alma Gallega (1904).
  • Feromar (estreado en 1907).
  • Bodas de Ouro (1921).
  • Entre Dous Mundos (1921).
  • Copas e Bastos (estreada postumamente, en 1922).
  • Entre o Deber e o Querer (estreada postumamente en 1923).

Obras dramáticas con data descoñecida

  • Contrabando e Contrabanda
  • O Crime da Silveira
  • Vós e Nós
  • Os Meus Amores
  • ¡Coida Non cho Leven!

Obras esnsaísticas

  • El Regionalismo Gallego. Estudio Social (1892).
  • Memoria Acerca de la Dramática Gallega. Causas de su Poco Desarrollo e Influencia que en el Mismo Puede Ejercer el Regionalismo(1896).