Galicia Nueva (A Habana)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Galicia Nueva foi un periódico editado na Habana en 1916.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De periodicidade decenal, apareceu o 5 de xaneiro de 1916. Fundado por Ramiro García e dirixido por Eugenio Mañach. Publicou traballos contra o caciquismo en Galicia; un comentario sobre Vento mareiro, de Ramón Cabanillas, por Antonio Rey Soto; cartas de Basilio Álvarez dende Madrid e poemas en galego de Cabanillas, Francisca Herrera Garrido e Bernardo Bermúdez Jambrina. O director Eugenio Mañach, presidente do Centro Galego da Habana, asinaba os editoriais co título "Habla el Maestro". Tamén colaboraron Ramiro García, Manuel Barral, Antonio Tato, Guillermo Cedrón, Bernardo Rodríguez, R. del Álamo, Ignacio Ares de Parga, Cirilo Villegas e Joaquín Pesqueira. Publicou unha extensa carta de Ramón Cabanillas, dende Cambados, en galego. O periódico foi crítico coa Caixa de Aforros do Centro Galego e os seus directivos, denunciando manexos e especulacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]