Galicia Ilustrada (A Habana)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia Ilustrada.
Galicia Ilustrada foi unha revista galega editada na Habana en 1891.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulada Revista científica, literaria, artística y humorística, apareceu o 19 de setembro de 1891. De periodicidade quincenal, estaba dirixida por José Romero Hiáñez de Freire, Julio de la Cuesta era o redactor xefe e Miguel A. Matamoros e Marcelino Vidales foron os administradores. Incluíu artigos sobre actualidade e cuestións literarias e filosóficas, ademais de citas e poemas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2018. Consultado o 21 de abril de 2018.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. p. 299. ISBN 84-7492-489-8.