Galeguismo (política)
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
O galeguismo é unha ideoloxía política de tipo nacionalista que ten como obxectivo a soberanía de Galiza mediante a creación de institucións propias.[Cómpre referencia]
Historia
[editar | editar a fonte]O galeguismo apareceu a mediados do século XIX, cando se formulou como provincialismo e posteriormente como rexionalismo. O termo utilízase especialmente a partir da constitución das Irmandades da Fala en 1916 e a aparición da corrente nacionalista, que defende o carácter nacional de Galiza. As Irmandades eran unha organización na que participaba a pequena burguesía e os intelectuais e liderounas Antón Villar Ponte. Na década seguinte consolidáronse dúas correntes: a nacionalista, arredor do Partido Galeguista de Castelao, e a republicana autonomista da ORGA, liderada por Casares Quiroga e Antón Villar Ponte. Esta última integrouse durante a Segunda República na Izquierda Republicana de Azaña.
Estatuto de 1936
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estatuto de Galicia de 1936.
En 1931 redactáronse diversos anteproxectos e bases para un estatuto de autonomía, cuxo texto definitivo se aprobou en decembro de 1932 na Asemblea de Municipios de Santiago de Compostela. O Estatuto foi aprobado en referendo o 28 de xuño de 1936 e polas Cortes españolas en 1937, pero a guerra civil española impediu que se aplicase. Moitos galeguistas tiveron que exiliarse.
Na ditadura
[editar | editar a fonte]O galeguismo durante o franquismo mantívose no exilio e en intelectuais que ficaran. A fundación da Editorial Galaxia en 1950 foi un dos feitos máis relevantes desta resistencia. As novas organizacións que foron aparecendo integraron o pensamento marxista e preferiron a denominación de "nacionalistas" adoptando a estreleira coma a bandeira nacionalista dos galegos.
Posfranquismo
[editar | editar a fonte]Coa caída do franquismo, o galeguismo reactivouse e na actualidade as forzas políticas maioritarias galegas identifícanse como "galeguistas".[Cómpre referencia]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Justo González, Beramendi (2007). De provincia a nación: historia do galeguismo político. Xerais. ISBN 9788497826402.
- Rodríguez Polo, Xosé Ramón (2009). O triunfo do galeguismo - Opinión pública, partidos políticos e comportamento electoral na transición autonómica. Madrid: Dykinson. ISBN 978-84-9849-439-6.
- Rodríguez Polo, Xosé Ramón (2009). Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-964-9.