Pangaleguismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O pangaleguismo é o pensamento a prol da unión dos galegos con independencia da súa residencia ou non en Galiza. A palabra foi acuñada en 1918 no contexto da Irmandades da Fala por Antón Villar Ponte e o concepto veu sendo empregado por diversos intelectuais galegos desde entón. Fai referencia á cuestión da dualidade da identidade galega (Galiza + diáspora galega) e ten de ver con outras como a galaicidade (termo acuñado por Valentín Paz-Andrade) ou galeguidade (no senso que lle daba Ramón Otero Pedrayo), a galusofonía a Galiza Mundial e na acepción de Antón Villar Ponte refírese á consolidación nacional e mais á expansión internacional da identidade galega: pangaleguismo quer dicir defensa das formas e valores da conciencia cívico-cultural galega dentro e fóra dos lindeiros da Galiza territorial.[1]

Tamén existe unha acepción cunha connotación máis limitada pola que o Pangaleguismo que consisite en incorporar Portugal no deseño político futuro do nacionalismo galego.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pangaleguismo. Co Pobo galego arredor do mundo, arredor de si. reNova Galiza, 2: A Galiza global: as galegas e os galegos no mundo(I). Camilo F. Valdehorras. Barcelona, 2006

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]