Manuel Bibiano Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Bibiano Fernández
Nacemento1842
 Santiago de Compostela
Falecemento28 de abril de 1907
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Manuel Bibiano Fernández Redondo, nado en Santiago de Compostela en 1842 e finado en Ourense o 28 de abril de 1907, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Creou en 1872 a imprenta que tirou do prelo La Gacetilla de Santiago. Co tempo modificou a súa denominación e adoptou os nomes das cabeceiras de El Diario de Santiago e Gaceta de Galicia, periódicos que dirixiu, este último ata que o 30 de xaneiro de 1892 pasou a dirección ao seu fillo Antonio Fernández Tafall. En 1876 promoveu a edición de La Reforma e en 1895 de La Propaganda Industrial. Organizou en xaneiro de 1888 unha reunión no Teatro-Circo en defensa dos ataques que algúns coruñeses dirixiran a Santiago e ao seu representante en Cortes Eugenio Montero Ríos. Publicou Las prolongaciones del ferrocarril compostelano a Pontevedra y Tieira (1895).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]