Gabriel Portal Antón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGabriel Portal Antón
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1934 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de abril de 2019 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Almirante
1994 – 1998 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
EmpregadorArmada Española Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada Española Editar o valor em Wikidata
Premios

Gabriel Portal Antón, nado en Ferrol o 23 de xuño de 1933 e finado en Madrid o 17 de abril de 2019,[1] foi un militar galego, almirante da Armada Española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Ceferino Portal Villaamil, comandante de submarino morto en Maó durante os primeiros días da Guerra Civil española.[2] Comezou a estudar no colexio Tirso de Molina, pero logo da morte do pai trasladouse a vivir a Maó cun tío seu, onde proseguiu os estudos de escola. Tras o colexio decidiuse a estudar para a Mariña, primeiro en Madrid e entre 1953 e 1958 en Marín, onde se titulou como alférez de navío. Despois de facer a viaxe de instrución no Juan Sebastián Elcano recibiu o seu primeiro destino en Ferrol, no Canarias.

Despois de estar destinado durante dous anos na fragata Legazpi, trasladouse a Vigo para estudar enxeñería de telecomunicacións. Despois de licenciarse regresou a Ferrol, onde estivo na fragata Vulcano e posteriormente, xa como capitán, no dragaminas Miño. En 1968 trasladouse a Chicago para ampliar a súa información en enxeñería, e á súa volta en 1968 incorporouse como profesor na Escola de Transmisións e Electrónica da Armada, en Vigo, onde estivo ata 1972.

Nese ano trasladouse a Madrid para facer o curso de estado maior, e logo de dous anos de destino en Ferrol regresou a Madrid para ocuparse da xefatura da estación de comunicacións de Santorcaz, onde permaneceu entre 1976 e 1979. Nese ano destínano como mando á corveta Princesa, con base no porto de Cádiz. Posteriormente regresou a Madrid, neste caso para traballar no Ministerio de Defensa e marchou de novo a Ferrol para facerse cargo do destrutor Blas de Lezo. De novo en Madrid ocupouse da xefatura de comunicacións e posteriormente marchou a Rhode Island para ampliar os seus estudos en comunicacións no Estado Maior dos Estados Unidos. Entre xullo de 1987 e novembro de 1988 fíxose cargo do mando do buque escola Juan Sebastián Elcano.

En 1989 foi nomeado xefe de gabinete do Estado Maior da Armada e ascendeu a contralmirante. O seguinte paso, logo de mandar unha misión española na OTAN, foi o seu ascenso a vicealmirante en loxística, e posteriormente comandante xeneral nas Canarias e logo en Ferrol, co cargo de xefe da Zona Marítima do Cantábrico, onde pasou a almirante e logo á reserva.[3]

Vida civil[editar | editar a fonte]

Foi promotor da Fundación Philippe Cousteau Unión de los Océanos e da Fundación Gabriel Portal Antón, que se ocupa de paliar situacións de drogadición.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou e tivo un fillo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]