Saltar ao contido

Gabriel Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGabriel Aragón
Biografía
Nacemento(es) Gabriel Aragón Bermúdez Editar o valor en Wikidata
3 de xullo de 1920 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xaneiro de 1995 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza cardiovascular Editar o valor en Wikidata
Outros nomesGaby
Homobono Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónPallaso, artista de circo, saxofonista, presentador de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1934 Editar o valor en Wikidata - 1993 Editar o valor en Wikidata
Membro de
InstrumentoSaxofone soprano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaFamily Aragón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosLara Aragón Editar o valor en Wikidata
PaisEmilio Aragón Foureaux Editar o valor en Wikidata  e Rocío Bermúdez Contreras Editar o valor en Wikidata
IrmánsEmilio Aragón Bermúdez Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0032789 BNE: XX1161019 Musicbrainz: 0891f391-ddee-4d76-a8a7-fbc8c19174cf Discogs: 2766574 Find a Grave: 9383050 Editar o valor en Wikidata

Gabriel Aragón Bermúdez, máis coñecido como Gaby, nado en Madrid o 3 de xullo de 1920 e finado na mesma cidade o 10 de xaneiro de 1995, foi un pallaso e saxofonista español, membro do trío Gaby, Fofó e Miliki.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do pallaso Emilio Aragón Foureaux, pertencía a unha familia de longa tradición no mundo do circo. Era sobriño do dúo de pallasos Pompoff e Thedy. Con eses antecedentes, el mesmo, xunto ao seu irmán Alfonso Fofó, aos que pronto se uniría o terceiro irmán Emilio Miliki, comezou a súa carreira artística cando aínda era un adolescente durante a Guerra civil española, actuando en lugares como o London Bar de Barcelona ou o Café Victoria de Madrid.

En 1946 emigrou a América cos seus irmáns, e alí triunfou na televisión, primeiro en Cuba e a partir de 1970 na Arxentina.

En 1972 os tres irmáns regresan a España e en 1973 estréase o seu programa en Televisión Española El Gran Circo de TVE, que se mantén en pantalla ata 1983 conseguindo un enorme éxito.

Logo da retirada do programa, Miliki saíu do grupo e Gabriel Aragón continuou actuando cos seus sobriños Fofito e Rody ata 1985. Máis adiante formou con seis dos seus dez fillos o Grupo de pallasos Os Gabytos, cos que seguiu traballando entre 1987 e 1993, a menos dun ano do seu falecemento.

Carácter do personaxe

[editar | editar a fonte]

No trío de pallasos, Gaby representaba o personaxe do Clown, fronte aos seus irmáns Fofó e Miliki, augusto e contraugusto respectivamente. Asumía pois o papel do "listo" do grupo, que con todo sempre terminaba escaldado coas bromas dos seus compañeiros. Vestido sempre con impecable levita negra, o seu personaxe, intérprete de saxofón, adoptaba un aire serio e pretendía adoptar o rol de líder do grupo, sempre con catastróficos resultados.

Gabriel Aragón recibiu, xunto aos seus irmáns, o Premio TP de Ouro de 1974 ao Personaxe máis popular da televisión e en 1995, a título póstumo, o TP de Ouro pola súa traxectoria artística.

  1. Antonio Tausiet. "Los payasos de la tele. Orígenes". Arquivado dende o orixinal o 05-01-2012. Consultado o 10-03-2012.