GOCE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GOCE
TipoCientífico
OrganizaciónESA
Data de lanzamento17 de marzo de 2009, 14:21 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorRokot KM[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk, rampla 133/3[2][6]
Obxectivo da misiónMedición do gradente de gravidade terrestre.[2][6]
NSSDC ID2009-013A
Masa1050 kg[2][5][6]
Dimensións5 m de longo por 1 m de ancho[2]
Potencia1,4 kW[2]
Datos orbitais
Semieixo maior6615 km[1]
Inclinación96,6 graos[1]
Apoapse249,7 km[1]
Periapse239,7 km[1]

GOCE (acrónimo de Gravity field and steady-state Ocean Circulation Explorer) é un satélite artificial da Axencia Espacial Europea lanzado o 17 de marzo de 2009 mediante un foguete Rokot KM desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de GOCE é medir o campo gravitatorio da Terra para crear mapas de moi alta resolución do xeoide para estudar as correntes oceánicas e os cambios de nivel do mar e das terras.[2]

GOCE mide 5 metros de longo por 1 metro de ancho. Leva paneis solares fixos que producen ata 1,4 kW de potencia. As medicións da gravidade fainas mediante seis acelerómetros de alta sensibilidade e colocados ó longo dos tres eixos da nave. Para facer as medicións o satélite debe orbitar á menor altura posible, a menos de 300 km, pero as órbitas baixas teñen o problema de que a atmosfera a esas alturas, a pesar de ser extremadamente tenue, exerce un leve rozamento continuo que interfire nas medicións e produce un decaemento que faría reentrar ao satélite na atmosfera inferior, coa destrución consecuente. Para solucionar este problema, GOCE ten forma aerodinámica, en frecha, e ademais leva a bordo un motor iónico para compensar o rozamento.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "GOCE" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (14 de maio de 2012). "GOCE" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  3. "Letter dated 5 March 2010 from Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (10-54673): 6. 22 de xuño de 2010. Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2010). "GOCE" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "GOCE" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "GOCE" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]