Félix Salgado del Moral
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de decembro de 1908 Ceuta, España |
Morte | 18 de agosto de 1936 (27 anos) León, España |
Causa da morte | execución extraxudicial, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
Félix Segundo Salgado del Moral, nado en Ceuta o 1 de decembro de 1908[1] e finado en León o 18 de agosto de 1936, foi un mestre galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Alejandro Salgado Biempica e sobriño de Arturo Salgado Biempica. Na ditadura de Primo de Rivera foi presidente das xuventudes da Unión Patriótica. Mestre de Ourense, membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e redactor de Escuela de Trabajo. Defendeu a permanencia da FETE na ITE. Como membro de ATEO, foi o seu representante no Congreso Internacional de Educadores Proletarios celebrado en París en xullo de 1933. Con Baltasar Vázquez e Luís Soto eran a liña máis radical de ATEO. Mestre en Castrelo de Miño, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi alistado no exército franquista, e o 18 de agosto de 1936 foi fusilado no campo de tiro de Puente Castro en León.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 34.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Claridade Fundación Luís Tilve, setembro de 2007. Especial homenaxe.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- República - LEÓN 3 victimas del franquismo Arquivado 23 de maio de 2013 en Wayback Machine.