Fuxida a Exipto (Giotto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fuxida a Exipto
Flight into Egypt - Capella dei Scrovegni - Padua 2016.jpg
ArtistaGiotto di Bondone
Data1303-1305
Técnicafresco
MovementoPintura gótica
Dimensións200 cm × 185 cm
LocalizaciónItalia Cappella degli Scrovegni (Padua)

A fuxida ou fuga a Exipto é un fresco (200 x 185 cm) de Giotto, datado entre 1303-1305 e que forma parte do ciclo da capela dos Scrovegni en Padua. A imaxe está incluída nas Historias de Xesús que aparecen no rexistro central superior, na parede dereita mirando cara ao altar.

Descrición[editar | editar a fonte]

Un anxo aparece no ceo e cun elocuente xesto dirixe a fuxida da Sagrada Familia para escapar do futuro masacre dos inocentes. A escena mostra a María no centro sentada nun burro e sostendo ao seu fillo no colo grazas a unha bufanda de raias atada no pescozo. Leva a túnica vermella e un manto orixinalmente azul mariño, do que só quedan algúns restos. Un acompañante, equipado cunha botella de auga no cinto, guía ao animal conversando san Xosé, que ten unha cesta ou unha especie de frasco e leva un pau no seu ombreiro. Tres rapaces pechan a procesión, conversando de xeito natural entre si, sendo a figura de vermello unha rapaza que axuda a María.

A escena está representada a partir do escrito no evanxeo apócrifo do pseudo Mateo (17-18):[1]

Mais na véspera do día en que isto ocorreu (a matanza dos inocentes), Xosé foi advertido en soños por un anxo do Señor, que lle dixo: Toma a María e o neno, e marcha para Exipto polo camiño do deserto. E xosé partiu, atendendo as palabras do anxo (…). Tres rapacez compartían a ruta con Xosé e unha rapaza con María.

Estilo[editar | editar a fonte]

A escena está enmarcada por unha montaña.

As cores son delicadas, que destacan contra o azul do ceo (neste caso coa pintura lixeiramente danada), harmonizándose coas demais escenas da capela. As figuras semellan esculpidas pro bloques de cores con bordos afiados.

Entre os aspectos destacados deste fresco son a desaparición da influencia bizantina: a representación frontal das figuras aquí muda en representación de perfil ou de costas ao espectador. Igualmente, desaparece o fondo dourado sobre o que se adoitaba representa-las figuras, que Giotto, troca nun fondo dunha paisaxe áspera e montañosa, máis realista. Así esa montaña rochosa no fondo, de forma triangular, con algunhas árbores ciscadas pola ladeira que simbolizan as "terras desoladas e áridas" das que falaban os textos apócrifos. Tamén abandona o hieratismo bizantino na representación da natureza e da vida, segundo confirma a "preciosidade cromática das rochas areosas e a sutilidade da luz e das sombras, de factura densa, leve e aveludada".[2]

Adopta un punto de fuga oblícuo, manifestando o seu dominio da técnica a través da figura escorzada do anxo.

O realismo está presente nas vestimentas cuxas pregas, naturais, dan sensación de lixeireza; tamén na xestualidade e nas expresións das figuras, así como nons detalles do vestido do neno ou da xerra recuberta de vimbio.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "EL EVANGELIO DEL PSEUDO-MATEO". escrituras.tripod.com (en castelán). Consultado o 20-12-2019. 
  2. Carrassat (2005)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]