Fuselo de rabo pinto
| Fuselo de rabo pinto | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Limosa lapponica Carl von Linné 1758 | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||
|
Nome curto
| |||||||||||
|
Combinación orixinal
| |||||||||||
| Conservación | |||||||||||
|
Identificador UICN
| |||||||||||
| Distribución | |||||||||||
|
Endémico en
| |||||||||||
|
Área de distribución
| |||||||||||
| Dimensións | |||||||||||
|
Masa
| |||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||
| Clase | Aves | ||||||||||
| Orde | Charadriiformes | ||||||||||
| Familia | Scolopacidae | ||||||||||
| Xénero | Limosa | ||||||||||
| Especie | L. lapponica | ||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||
O fuselo de rabo pinto,[1] mazarico rabipinto[2][3] ou mazarico rubio[4] (Limosa lapponica) é unha ave limícola.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os adultos miden 38 cm, teñen as patas azul grisallas e un moi longo peteiro virado cara a arriba, a cola con bandas delgadas brancas e negras. É un pouco máis pequeno que o fuselo de rabo negro ao que se asemella.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Fan o seu niño no chan, poñen de 2 a 4 ovos incubándoos 21 días, é o macho o que permanece máis tempo chocándoos.
Distribución
[editar | editar a fonte]O seu hábitat habitual é a tundra aberta, en zonas encharcadas e marismas próximas a bosques do Ártico (incluída Islandia) e Alasca. Migran no inverno cara Europa occidental, África, sur de Asia, Australia e Nova Zelandia, ocasionalmente tamén aparecen nas costas occidentais de América do Norte.
En Galicia é unha ave de paso entre os meses de agosto a outubro, algunhas quedan na Illa de Ons.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- ↑ Penas Patiño, Xosé Manuel (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-69-9.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de acuicultura. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2016.
Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
