Frutos Burgos Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrutos Burgos Ramos
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1899 Editar o valor em Wikidata
Casla, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte29 de marzo de 1976 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Higüey, República Dominicana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Valdoviño
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Frutos Burgos Ramos, nado en Casla (Segovia) o 29 de decembro de 1899[1] e finado en Higüey (La Altagracia, República Dominicana) o 29 de marzo de 1976, foi un mestre e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de mestra, con 17 anos fíxose mestre. Seguidor da Institución Libre de Enseñanza. Foi mestre interino en San Ildefonso e noutras escolas da provincia de Segovia. En 1927 conseguiu praza en Paraños (Covelo), onde casou con Luisa Costa Sampedro. Coa proclamación da Segunda República foi presidente da Comisión Xestora do concello de Covelo.[2] En agosto de 1931 foi destinado a Gáldar (Illas Canarias). Foi o primeiro presidente da FTE-UGT das Palmas en 1932,[3] presidente da directiva da Federación Obreira de Gáldar e participou no II Congreso da FTE en abril de 1933. Colaborou en La Prensa de Santa Cruz de Tenerife. En agosto de 1933 foi destinado a Pantín (Valdoviño). En febreiro de 1936 foi elixido alcalde de Valdoviño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse un tempo en Pontevedra e despois fuxiu a Portugal. Foi xulgado en Ferrol por rebelión e declarado en rebeldía. A súa muller e fillos maltratados fóronse a Covelo. O seu pai foi ingresado nun campo de concentración en Segovia. Foi separado do servizo e dado de baixa na escala en 1940.[4] Desde Francia exiliouse na República Dominicana arribando a Puerto Plata o 16 de maio de 1940.[5]


Predecesor:
Emilio Rodríguez Varela
 
Alcalde de Valdoviño
 
1936
Sucesor:
Nicolás Pazos Rodríguez

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O 25 de xuño de 2005 os veciños de Pantín colocaron na escola unitaria unha placa de homenaxe aos mestres represaliados en 1936 Frutos Burgos Ramos, Reinaldo Sarria Delgado, José Ambrós Gordillo, Manuel López González e Joaquín Pérez Garre.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Covelo con Luisa Costa Sampedro en 1927, e foi pai de Frutos, Juan, Libertad e Hortensia Burgos Costa.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 102. 
  2. El Pueblo Gallego, 17-8-1932, p. 9.
  3. Manuel Ferraz Lorenzo, Antecedentes, origen y consolidación histórica del sindicalismo de la enseñanza en Canarias (1905-1936)
  4. El Compostelano,30-9-1940, p. 2.
  5. Solicitudes de permiso de residencia en la República Dominicana
  6. "Memoria de un hombre bueno", La Voz de Galicia, Ferrol, 24-6-2005, p. 12.
  7. Memoria de un hombre bueno

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]