Froyla Tzalam
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX San Antonio |
3ª Gobernador Xeral de Belize | |
27 de maio de 2021 – ← Colville Young | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Belize |
Educación | Universidade de Sussex Universidade Trinity |
Actividade | |
Ocupación | política |
Familia | |
Cónxuxe | Daniel Mendez |
Premios
|
Froyla Tzalam, nada en San Antonio, Distrito de Toledo, é unha antropóloga e líder comunitaria belizense, da etnia mopán, gobernadora xeral de Belize dende o 27 de maio de 2021.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en San Antonio, Toledo. Estudou antropoloxía na Universidade Trinity de Texas e realizou un mestrado en desenvolvemento rural na Universidade de Sussex.[1] Foi directora executiva do Sarstoon Temash Institute for Indigenous Management (SATIIM).[2] Tzalam foi preseleccionada para un nomeamento ao Senado de Belize en xaneiro de 2017, pero rexeitou o nomeamento para centrarse no seu traballo no SATIIM.[3]
O 22 de abril de 2021 o primeiro ministro de Belize, Johnny Briceño, nomeouna Gobernadora Xeral de Belize trala retirada de Colville Young.[4] É a terceira gobernadora xeral e a segunda muller designada para o posto, así como a primeira gobernadora xeral indíxena americana da Commonwealth.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "froyla tzalam". namati.org (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2021.
- ↑ "Ms. Froyla Tzalam – Executive Director". satiim.org (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2021.
- ↑ "SATIIM’s Froyla Tzalam Explains Decision to Decline Nomination" (en inglés). 6 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2021. Consultado o 11 de outubro de 2021.
- ↑ "PM Confirms Nomination of Froyla Tzalam as the next Governor General" (en inglés). 22 de abril de 2021. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2021. Consultado o 11 de outubro de 2021.