Colville Young
Aparencia
(2011) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de novembro de 1932 Cidade de Belize |
| 2º Gobernador Xeral de Belize | |
| 17 de novembro de 1993 – 30 de abril de 2021 ← Elmira Minita Gordon – Froyla Tzalam → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade das Indias Occidentais Universidade de York |
| Actividade | |
| Ocupación | político, escritor, novelista, compositor, gobernador |
| Partido político | Partido Democrático Unido |
| Premios | |
Colville Young, nado na Cidade de Belize o 20 de novembro de 1932, é un político e escritor belizense, que ocupou o cargo de gobernador xeral de Belize dende o 17 de novembro de 1993[1] até o 30 de abril de 2021. Substituíu a Elmira Minita Gordon.
Colville foi un dos fundadores do Partido Liberal, unha formación política de curta vida que terminou por unirse ó Partido Democrático Unido. Interesouse polo desenvolvemento das institucións educativas do seu país e nos anos 80 chegou a ser presidente do University College of Belize. Publicou diversos libros sobre literatura belizense, así como poemas e libros de relatos curtos.