Gobernador Xeral de Belize

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Coat of arms of Belize.svg


O Gobernador Xeral de Belize é o representante do monarca de Belize, actualmente a Raíña Isabel II, en todos os asuntos que incumben a Belize.

Gobernadores Xerais de Belize (1981–presente)[editar | editar a fonte]

Nome Dende A Comentarios
Elmira Minita Gordon

(30 de decembro de 1930 -)

21 de setembro de 1981 17 de novembro de 1993
Colville Young

(20 de novembro de 1932 -)

17 de novembro de 1993 Presente

Poderes constitucionais, funcións e deberes[editar | editar a fonte]

O cargo de Gobernador Xeral está articulado na Parte IV, Seccións 30 a 35 da Constitución. Esta establece:

30.- Haberá un Gobernador Xeral de Belize que será un cidadán de Belize nomeado pola súa Maxestade e exercerá o cargo durante o tempo que desexe a Súa Maxestade e que será o representante da súa Maxestade en Belize.
31.-
1. Durante calquera período cando o cargo de Gobernador Xeral estea vacante ou o titular do cargo de Gobernador Xeral estea ausente de Belize ou por calquera outra razón sexa incapaz de exercer as funcións do seu cargo esas funcións serán realizadas pola persoa que nomee a Súa Maxestade.
2. Calquera das persoas mencionadas anteriormente non seguirá desempeñando as funcións do cargo de gobernador xeral se o titular do cargo de gobernador xeral ou algunha outra persoa que teña dereito previo para desempeñar as funcións dese cargo lle notificase que está en condicións de asumir ou retomar esas funcións.
3. O titular do cargo de gobernador xeral non poderá, para os propósitos desta sección, ser considerado ausente de Belize ou incapaz de exercer as funcións do seu cargo:
a. Por estar de paso dunha parte de Belize a outra.
b. En calquera momento mentres se estea producindo o nomeamento dun deputado segundo a sección 33 desta Constitución
32.- Unha persoa nomeada para ostentar o cargo de Gobernador Xeral, antes de recibir os deberes dese cargo, toma e subscribe un xuramento de lealdade.
33.-
1. Cando o Gobernador Xeral:
a. se ausente do cargo de goberno mais non de Belize;
b. se ausente de Belize por un período que considere, no seu propio xuízo, de curta duración;
c. padeza unha enfermidade que considera, no seu propio xuízo, será de curta duración;.
Pode, actuando de acordo co consello do Primeiro Ministro, nomear a calquera persoa en Belize como o seu substituto durante tal ausencia ou enfermidade e coa capacidade de levar a cabo por si mesmo as funcións do cargo de Gobernador Xeral que sexan especificadas no instrumento polo cal é nomeado.
2. O poder e autoridade do Gobernador Xeral non será limitado, alterado ou en calquera xeito afectado pola nomeamento dun substituto baixo esta sección, e, tal como indica esta Constitución, un deputado debe levar a cabo e observar todas as instrucións que o Gobernador Xeral, no seu propio xuízo, poida de cando en vez dirixir a el:
A cuestión de se ou substituto levou a cabo e observou tales instrucións non debe ser investigada por ningún tribunal.
3. Unha persoa nomeada como substituto baixo esta sección ostentará tal nomeamento polo período que sexa especificado no instrumento polo cal é nomeado, e o seu nomeamento pode ser revogado en calquera momento polo Gobernador Xeral, actuando de acordo co consello do Primeiro Ministro.
34.
1. No exercicio das súas funcións o Gobernador Xeral actuará de acordo co consello do Gabinete ou un Ministro que actúa baixo a autoridade xeral do Gabinete excepto en casos onde sexa requirido por esta Constitución ou algunha outra lei para actuar de acordo co consello, ou despois de que consulte con calquera persoa ou autoridade ademais do Gabinete ou ao seu propio xuízo.
2. Calquera referencia nesta Constitución ás funcións do Gobernador Xeral será interpretada como referencia aos seus poderes e deberes no exercicio da autoridade executiva de Belize e a calquera outro poder e deber conferido ou imposto nel como Gobernador Xeral por ou baixo esta Constitución ou algunha outra lei.
3. Onde por esta Constitución o Gobernador Xeral sexa requirido para realizar calquera función despois de consultar con calquera persoa ou autoridade non estará obrigado a exercer tal función de acordo co consello desa persoa ou autoridade.
4. Onde por esta Constitución o Gobernador Xeral sexa requirido para realizar calquera función de acordo co consello, ou despois de consultar con calquera persoa ou autoridade, a cuestión de se o Gobernador Xeral ten cumprido esa función non debe ser investigada por ningún tribunal.
35. O Primeiro Ministro deberá manter o Gobernador Xeral plenamente informado respecto da conduta xeral do goberno de Belize e fornecerá ao Gobernador Xeral con toda a información que este poida pedir con respecto a calquera asunto particular relacionado co goberno de Belize.

Residencias[editar | editar a fonte]

O Gobernador Xeral residía na Casa do Goberno, até 1984, mesmo despois de que a capital se trasladase a Belmopán en 1970. En 1984, o Gobernador Xeral trasladouse á Casa de Belize en Belmopán, que era antigamente a residencia do Alto Comisionado Británico en North Ring Road e Melhado Parade.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. British High Commission, Belmopán (ed.). "The British High Commission in Belize maintains and develops relations between the UK and Belize.". Consultado o 13 de setembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]