Frot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frot

Frot (do francés frotter, en galego fregar) é unha práctica sexual homosexual sen penetración, na que ambos os dous fregan os penes erectos un contra outro e se masturban mutuamente cos seus penes en contacto, xeralmente estando abrazados mentres se acariñan e bican fronte a fronte, aínda que poden adoptarse outras posicións. O frot resulta pracenteiro porque estimula simultaneamente o pene de ambos os compañeiros,

Considérase sexo seguro, é dicir, é unha práctica sexual no que o risco de contraer ou contaxiar unha infección de transmisión sexual é moi baixo.

O frot debe diferenciarse do froteurismo, que é unha parafilia consistente en fregar o corpo con fins sexuais con persoas sen que haxa consentimento no contacto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]