Friedrich Reinhold Kreutzwald
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de decembro de 1803 manor de Jõepere |
| Morte | 25 de agosto de 1882 Tartu |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Raadi |
| Grupo étnico | Pobo estoniano |
| Educación | Universidade Imperial de Dorpat |
| Actividade | |
| Ocupación | tradutor, escritor, recompilador de contos fantásticos, médico escritor, poeta, escritor de literatura infantil, médico |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Marie Elisabeth Kreutzwald |
| Fillos | Friedrich Alexis Kreutzwald |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Lexikon der deutschsprachigen Literatur des Baltikums und St. Petersburgs, (p.757-761) Dicionario Biográfico Ruso |
Friedrich Reinhold Kreutzwald, nado en Jömper/Jõepere (preto de Sankt Katharinen/Kadrina, Condado de Lääne-Viru) o 26 de decembro de 1803 e finado en Tartu o 25 de agosto de 1882, foi un escritor e médico estoniano autor do poema épico Kalevipoeg (O fillo de Kalev), primeiro libro en lingua estoniana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De orixes humildes, licenciouse en medicina na Universidade de Tartu en 1833, e practicou a profesión de médico en Võru, no sur de Estonia, entre 1833 e 1877.
Paralelamente, foi autor de diversas obras literarias, principalmente de contos populares e poemas. Foi membro da Sociedade Estoniana de Intelectuais fundada en 1838. Esta sociedade, que operaba dende a Universidade de Tartu foi unha grande promotora e defensora da cultura vernácula de Estonia.