Freida Pinto
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de outubro de 1984 Bombai, India |
| Relixión | Hinduísmo |
| Educación | Universidade de Bombaim (pt) Carmel of St. Joseph School (en) St. Xavier's College, Mumbai (en) |
| Altura | 166 cm |
| Cor dos ollos | Castaño |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz, actriz de cinema, presentadora de televisión, modelo, actriz de televisión |
| Período de actividade | 2008 |
| Familia | |
| Parella | Dev Patel (2009–2014) |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Freida Selena Pinto, nada en Mumbai o 18 de outubro de 1984, é unha actriz e modelo india que gañou fama mundial polo seu papel no filme Slumdog Millionaire.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Freida Pinto naceu en Mumbai filla de Frederick e Silvia Pinto; o primeiro é xerente do Banco de Baroda e a nai é directora dun instituto (St. John’s Universal High School). O seu apelido é de orixe portuguesa como o resultado da conversión dos seus antepasados ó catolicismo polos misioneiros. A súa familia criouna na comunidade católica en Bangalore e Hawai. O seu pai é orixinario de Neerude e a súa nai de Derebail (ambos poboados preto de Bangalore). A súa irmá máis vella, Sharon, é produtora asociada dunha canle de noticias local (NDTV news channel).[1][2] Pinto estudou no Instituto Carmel da escola St. Joseph en Malad (suburbio de Mumbai) e completou a súa Licenciatura en Arte e Literatura Inglesa no St. Xavier's College de Mumbai.[2][3]. Actualmente reside en Malad, un barrio de Mumbai.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 2008 | Slumdog Millionaire | Latika | |
| 2010 | You Will Meet a Tall Dark Stranger | Dia | |
| Miral | Miral | ||
| 2011 | Rise of the Planet of the Apes | Caroline | |
| Trishna | Trishna | ||
| Immortals | Fedra | ||
| Black Gold | Princesa Leyla | ||
| 2013 | Desert Dancer | Mentor | |
| Knight Of Cups |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gerry D’Mello (25-11-2008). "The Newest Star on the Mangalorean Horizon—Freida Pinto". Daijiworld Media Pvt Ltd Mangalore. Arquivado dende o orixinal o 18-04-2009. Consultado o 11-25-2008.
- ↑ 2,0 2,1 Team Mangalorean, USA (24 de setembro de 2008). "Freida Pinto shines in Slum Dog Millionaire". Mangalorean.Com. Arquivado dende o orixinal o 01-02-2009. Consultado o 01-02-2009.
- ↑ "It's natural to want to become an actress after living in Mumbai". Rediff.com. 16-06-2008. Consultado o 11-11-2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Freida Pinto |
| A Galipedia ten un portal sobre: India |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
