Fraude das preferentes en Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manifestación de preferentistas -afectados pola estafa das preferentes e subordinadas- diante da casa de Alberto Núñez Feijóo. Imaxe de Praza Pública.

A estafa das preferentes e subordinadas en Galicia fai referencia á fraude bancar na emisión e venda de accións preferentes por bancos e caixas galegas, que viñan realizando desde os anos 1990 e que se intesificou a partir de 2003, especialmente entre o 2009 e o 2011, período que abrangue a etapa de maior burbulla inmobiliaria e a crise das hipotecas subprime no Estados Unidos.

A fraude das accións preferentes radicaba na venda de accións e outros activos bancarios complexos a clientes de clase socioeconómica media e baixa,[Cómpre referencia] ofertando ditos produtos sen a transparencia debida, xa que non eran quen de comprender o produto por mor da súa complexidade. Miles de clientes foron estafados ao depositaren os seus aforros en produtos bancarios de alto risco, sendo enganados respecto a dito risco na adquisición do produto. En frecuentes casos os produtos eran vendidos coma se fosen produtos con renda fixa.[Cómpre referencia]

Un relatorio do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) elevou a 116.000 persons o total de afectados por preferentes e subordinadas en Galicia, e os cartos estafados ascenden a 1.831 millóns de euros.[1]

Entidades involucradas[editar | editar a fonte]

Novacaixagalicia[editar | editar a fonte]

A caixa resultante da fusión das caixas galegas Caixanova e Caixa Galicia, e que posteriormente foi renomeada como NCG Banco, e finalmente ABANCA, foi a entidade principalmente implicada no escándalo da venda de participacións preferentes e subordinadas en Galicia.[Cómpre referencia] Segundo o FROB, o total de afectados por esta estafa estimaríase en 116.000 persoas, cunha cantidade de máis de 1.800 millóns de euros.[Cómpre referencia]

A CNMV sancionou o 24 de marzo de 2015 a ABANCA cunha multa de 2 millóns de euros pola estafa na venda de preferentes e subordinadas. A resolución, publicada no BOE, concluíu que a entidade NCG Banco cometeu unha ilegalidade ao vender produtos híbridos complexos sen advertir de xeito adecuado dos riscos e consecuencias do investimento.[2]

Banco Popular[editar | editar a fonte]

No ano 2009, 1.500 persoas investiron arredor de 40 millóns de euros en produtos denominados "bonos subordinados necesariamente canxeables en accións".[3] Ditos produtos, que inicialmente foron emitidos coma bonos, foron no ano 2013 convertidos, de xeito unilateral pola entidade, en accións. En 2015 o prezo da acción situouse en arredor de 4,4 euros por acción, moi lonxe dos 17,69 euros do prezo de conversión inicial, resultando en considerables perdas económicas para os clientes do banco.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Europa Press. La Voz de Galicia, ed. "El FROB cifra en 116.000 los afectados por las preferentes.". Consultado o 8 de xaneiro de 2016. 
  2. Europa Press (ed.). "La CNMV multa con 2 millones a NCG por las preferentes.". Consultado o 8 de xaneiro de 2016. 
  3. Blázquez, Pilar. Praza Pública, ed. "O escándalo das 'preferentes' do Popular consúmase e atrapa 1.500 galegos.". Consultado o 8 de xaneiro de 2016. 
  4. Pardo, Miguel. Praza Pública, ed. "Banco Popular: as outras preferentes de Galicia". Consultado o 8 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]