Franz Wagner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Franz Wagner
Orlando Magic – No. 22
Posición Ala
Información persoal
Nacemento 27 de agosto de 2001 (22 anos)
Alemaña Berlín
Nacionalidade Alemaña Alemaña
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Información da carreira
Universidade Michigan (2019–2021)
NBA Draft 2021 / Rolda: 1 / Elección: 8
Por Orlando Magic
Carreira 2017–2019; 2021–presente
Historial de equipos
Alba Berlin (2017–2019)
SSV Lokomotive Bernau (2018–2019)
Orlando Magic (2021–presente)

Franz Jacob Wagner, nado o 27 de agosto de 2001 en Berlín, é un xogador profesional de baloncesto alemán que xoga para os Orlando Magic da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,08 metros xoga na posición de ala. É o irmán do tamén xogador da NBA, Moritz Wagner.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 29 de xullo de 2021, Wagner foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2021 polos Orlando Magic.[1] O 3 de agosto de 2021, asinou cos Magic o seu contrato de rookie.[2] Tras o remate da súa primeira tempada na liga, foi incluído no mellor equipo de rookies da NBA.[3] O 10 de setembro de 2023 gañou a final do Mundial de 2023 contra a selección de Serbia, sendo nomeado mellor xogador do partido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zuke, Ryan (29 de xullo de 2021). "Franz Wagner becomes Michigan basketball's first top-10 pick since 2014, drafted by Orlando Magic". MLive.com. Consultado o 30 de xullo de 2021. 
  2. "Orlando Magic Sign Jalen Suggs and Franz Wagner". NBA.com. 3 de agosto de 2021. Consultado o 21 de maio de 2022. 
  3. "Barnes, Cunningham, Mobley headline 2021-22 Kia NBA All-Rookie 1st Team". NBA.com. 18 de maio de 2022. Consultado o 20 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]