Franz Benda
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (cs) František Benda 22 de novembro de 1709 Staré Benátky, República Checa (en) |
| Morte | 7 de marzo de 1786 Potsdam, Alemaña |
| Actividade | |
| Ocupación | compositor, Concertino, violinista |
| Xénero artístico | Música clásica |
| Movemento | Música barroca |
| Profesores | Johann Gottlieb Graun (pt) |
| Alumnos | Christian Friedrich Georg Berwald e Maria Carolina Wolf (pt) |
| Instrumento | Violín |
| Familia | |
| Fillos | Maria Carolina Wolf, Friedrich Benda, Karl Hermann Heinrich Benda, Juliane Reichardt |
| Pai | Hans Georg Benda |
| Irmáns | Georg Benda Joseph Benda Anna Františka Hatašová Johann Georg Benda |
| Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Franz Benda (en checo František Benda), nado en Benátky nad Jizerou e bautizado o 22 de novembro de 1709 e finado o 7 de marzo de 1786, foi un compositor e violinista bohemio, irmán máis vello de Jiří Antonín Benda, e que traballou a maior parte da súa vida na corte de Frederico o Grande e foi o fundador da escola alemá de violín.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Franz naceu nunha familia de músicos, estudou música cos xesuítas en Praga e desde os dez anos no coro da capela real de Dresde ó tempo que aprendía a tocar o violín. Ós 18 anos volveu a Praga e de alí a un pouco marchou a Viena, onde estudou violín con Johann Heinrich Graun, pupilo de Tartini. Logo de dous anos foi nomeado mestre de capela en Varsovia e despois foi membro da banda do Príncipe Real de Prusia e despois sucedeu a Graun na dirección dos concertos reais.
Comezou a compoñer as súas propias pezas ós catorce anos. Entre as súas numerosas composicións está o concerto para frauta e orquestra en sol menor, quince concertos para violín e máis dun centro doutras pezas para violín. As súas composicións atópanse entre o barroco e o clasicismo vienés.
| A Galipedia ten un portal sobre: República Checa |
